Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-254
Clasificación Genérica Obxectos de equipamento doméstico: mobiliario
Objeto/Documento Arqueta
Autor/a Taller compostelán [?]
Materia/Soporte Madeira
Ferro
Pergameo
Raso Granate [listado en beixe]
Técnica Forxado
Recortado
Calado
Dimensiones Longo = 16 cm; Altura = 8 cm; Anchura = 11,50 cm
Descripción Arqueta cuadrangular de tapa plana formada por unha alma de madeira co seu exterior recuberto de pergamiño manuscrito. Interior forrado de raso de seda granate listado en beixe. Decorada por tódolos seus lados con ferraxes de ferro forxado con restos de dourado, que presentan un perfil mixtilíneo e cunhas palmelas que unen a tapadeira e o corpo da arqueta. A asa, situada no centro da tapadeira, está formada por pasadores cóncavos que se unen ó corpo da arqueta. A asa, situada no centro da tapadeira, está formada por pasadores cóncavos que se unen ó corpo da arqueta por dous cuadrilóbulos recortados en forma de flor. A pechadura, formada por unha placa recortada en forma de escudete rematado en coroa, presenta un orificio rectangular para o pasador e unha bocacheve; únese á tapa mediante unha palmela.
Datación 1476=1500 (Último cuarto do século XV, circa 1500)
Lugar de Producción/Ceca Galicia (España, Europa do Sur) []
Uso/función Para gardar pequenos obxectos suntuarios e persoais como libros de horas, perfumes, xoias. Tamén podían empregarse nas igrexas para gardar algúns libros litúrxicos; xeralmente eran ofrecidos neste caso como doazón.
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: - Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001 Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002. - Comercio, mercado y economía en tiempos de la Reina Isabel. Instalaciones del Museo de las Ferias de Medina del Campo (Valladolid). Abril-Junio del 2004. - Os capítulos da irmandade. Peregrinaicón e conflicto social na Galicia do século XV, Capela do Pilar da catedral de Lugo - Casa Municipal Uxío Novoneyra, Lugo, do 28 de xullo ao 28 de outubro de 2006.

A peza procede da Colección Blanco Cicerón.
Clasificación Razonada Todas as características formais permiten a inclusión desta peza na tipoloxía de arcas denominadas "barreadas", pezas nas que o seu valor artístico reside no labor de forxa das barras que as percorren e na súas grandes pechaduras recortadas e caladas.
Esta arqueta que podería datarse arredor de 1500, faise eco das características do mobiliario establecidas durante o gótico, como son a súa solidez e durabilidade, sendo a decoración o elemento que enriquece as súas armaduras rectas e confírenlle o seu carácter. Un elemento característico é o enriquecemento das pezas mediante a aplicación de forxa, técnica decorativa que perdura durante o século XVI, especialmente en pezas coma esta de modesta factura. Esta modestia -que, sen embargo, non lle resta un ápice de encanto- maniféstase así mesmo no aproveitamento de pezas de pergamiño como recubrimento, nunha pobre variante da denominada "maneira de España" que enriquecía as arcas cos famosos coiros de España ou cordobáns. Precisamente é este recubrimento o que proporciona unha das claves para a datación e procedencia da peza. Un exame coidadoso desta arqueta revela que o seu recubrimento non foi engadido con posterioridade á súa confección, senón que a lama de madeira revestiuse de pergamiño antes da aplicación das pezas decorativas de forxa. A fragmentaria lectura destes pergamiños escritos en castelán permiten a súa clasificación diplomática, e dela despréndese que o documento utilizado é, sen dúbida algunha, de carácter xurídico. Nel recóllense as declaracións dalgunhas testemuñas e cítase, antecedendo a unha rúbrica, a "el alcalde de [...]ago", mención que con moita probabilidade, refírese a Santiago e permite supoñer, unha orixe compostelá para esta peza. Por outra parte o tipo de letra utilizada, a cortesá, non fai a súa aparición como letra de chancelería ata unha data próxima a 1425, cesando a súa utilización arredor dos primeiros anos do século XVI, polo que unha datación no último cuarto do século XV ou circa 1500 parece a máis apropiada.
As pequenas dimensións da caixa suxiren a súa utilización para gardar pequenos obxectos suntuarios como xoias ou libros de devoción, anque os datos que se desprenden da súa análise paleográfica e diplomática permiten conxecturar un uso privado no que o seu significado se nos escaparía. Tampouco pode descartarse un uso relixioso, xa que a arquetas deste tipo adoitaban utilizarse nas igrexas para gardar libros litúrxicos que xeralmente eran ofrecidos como doazón.
Bibliografía GONZÁLEZ VÁZQUEZ, Marta. Arqueta. Os Capítulos da Irmandade: peregrinación e conflito social na Galicia do século XV, Catedral de Lugo, capela do Pilar, Sala Municipal Uxío Novoneyra, Lugo, 4 agosto-28 outubro, 2006, coordinación, Ofelia Gómez Estalote, Pablo Otero Rodal. Santiago de Compostela: S.A. Xestión do Plan Xacobeo, 2006. pp. 246-247.

SILVA HERMO, Manuel. Arqueta. Comercio, mercado y economía en tiempos de la Reina Isabel:V Centenario de la muerte de Isabel la Católica 1504-2004 : [exposición] Medina del Campo, abril, mayo y junio de 2004, coordinación, José Manuel Casado Paramio, Fernando Ramos González, Juan Carlos Moreno Moreno. Valladolid: Fundación Museo de las Ferias, 2004. pp. 218-219.

SILVA HERMO, Manuel. Arqueta. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 232-233.
Forma de Ingreso Depósito por compra
Fecha de Ingreso 29/01/2001
Catalogación Gigirey Liste, Esperanza
| más imágenes |
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6