Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-488
|
Clasificación Genérica |
Libros; Orde de Santiago; Temática xacobea
|
Objeto/Documento |
Libro relixioso
|
Autor/a |
Anónimo
|
Título |
Regla y Constituciones de las Religiosas de la Orden de Santiago
|
Materia/Soporte |
Pel [Cubertas: pel. Follas: pergameo] Pergameo
|
Técnica |
Manuscrito
|
Dimensiones |
Altura = 27,80 cm; Longo = 2 cm; Anchura = 19,90 cm
|
Descripción |
Libro manuscrito en pergameo que recolle, consonte indica o seu título, as regras e constitucións das monxas comendadoras coñecidas tamén como santiaguistas. Presenta cubertas de coiro con restos de antigos ancoraxes para peche. Portada con título e data en vermello e negro e trinta e oito folios escritos a man encadrados con filetes nas mesmas cores que na portada. Algunhas capitais no inicio dalgúns parágrafos e títulos aparecen resaltadas en vermello.
|
Datación |
1615
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Moderna
|
Lugar de Producción/Ceca |
España (Europa do Sur, Europa)
|
Uso/función |
Normas para a vida conventual das Comendadoras de Santiago
|
Clasificación Razonada |
As reglas e constitucións supuñan a normativa básica e inquebrantable que rexía determinadas institucións relixiosa. Todos os seus membros tiñan obriga de as coñecer e tamén de as respectar con esmero.
Neste caso figuran as vixentes en 1615 para as relixiosas da Orde de Santiago, coñecidas como comendadoras ou santiaguistas. Esta orde, que ven ser a rama feminina de Orde de Caballería de Santiago, crearíase na segunda metade do século XII, con obxervancia á regla de san Agostiño
Afonso VIII fundaría o primeiro mosteiro feminino da Orde de Santiago en 1186 no lugar de Cozollos (Palencia), baixo a advocación de santa Eufemia, se ben nun principio era dúplice (para homes e mulleres). Inicialmente nutríase de mulleres procedentes de familias vinculadas dalgún xeito á versión masculina da Orde. Era frecuente que ingresasen mulleres desexosas de imitar a vida de entrega, de fe e de valor dos seus maridos; dese xeito tamén podían someterse á continencia na súa ausencia por mor de confrontamentos militares ou autras accións propias dos cabaleiros.
Na actualidade existen mosteiros de comendadoras de Santiago en Toledo, Granada e Madrid.
La existencia de comendadoras no es exclusiva de la Orde de Santiago. Las demás órdenes militares disponen igualmente de sus versiones femeninas.
|
Forma de Ingreso |
Depósito por compra. Tenteo
|
Fecha de Ingreso |
08/02/2002
|
Catalogación |
Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Pérez Outeiriño, Bieito
|