Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-741
Clasificación Genérica Artes plásticas; Estampación
Objeto/Documento Estampa
Autor/a Gravador: Sadeler, Rafael, II El Joven (Fecha de nacimiento: 1584 - Fecha de defunción: 1632) [Nacido en Amberes o 20 de decembro de 1584, morto en Munich en 1632 (Escola Flamenca), Fillo de Raphaël Sadeler I. Os datos en canto ás datas da súa obra son confusos, dado que é frecuentemente confundido co seu pai, ao parecer morto en torno á mesma data]
Título S. Sebaldus peregrinus
Materia/Soporte Papel
Técnica Gravado ao burel
Dimensiones Altura = 25,70 cm; Altura = 25,70 cm; Largo total = 19,30 cm
Prancha: Longo = 15,20 cm
Descripción Esta estampa vai pegada sobre outro papel, seguramente para aumentar a súa consistencia. Nesta represéntase a San Sebaldo, nunha imaxe enmarcada por un rectángulo e identificada mediante o título situado na parte superior: S. Sebaldus peregrinus. Na parte inferior, e xa fóra do rectángulo, hai unha inscrición, a dúas columnas (v. apartado inscricións/marcas). Na imaxe a figura do santo está nun primeiro plano, de corpo enteiro, en actitude devota, coa man esquerda sobre o peito e a dereita portando unha cruz. Está situado de pé sobre unha especie de tea fina coa cal navega sobre un lago ou un río. A imaxe do santo centra a escea e pártea en dúas metades, o tercio superior está reservado ao ceo, dende o que parece avistarse un rompimento de gloria. Á esquerda do santo, nun plano secundario, hai unha barca con dous pescadores. Á dereita pode verse unha construcción de carácter norte-europeo que semella ser un embarcadoiro; ao fondo, unha cidade e en último termo, paisaxe montañosa.
Iconografia San Sebaldo
Inscripciones/Leyendas No bordo inferior da imaxe., Latín
Vt Solis, cùm per medium volat aureus orbem, Abs toto laetum cernitur orbe iubar, Inclita sic virtus celsâ de stirpe refulgens Exemplo populos, totaq regna trahit. Regia progenies sociataq regia virtus Sparserunt laudes, Diue Sebalde, tuas. Fugisti thalamos, fugientem fama secuta est, In thalamis tecum fama sepulta foret. []
Firmas/Marcas/Etiquetas Na parte inferior esquerda, Latín
Sadeler, Rafael, II El Joven (1601-1633)
R. Sad. Iunior fecit. (Lo hizo Rafael Sadeler o Xove) [Asinado na parte inferior esquerda: ´R. Sad. Iunior fecit.´]
Datación 1601=1633 (1º tercio do século XVII)
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Europa [Norte de Europa, zona alemana]
Uso/función Devocional. Difusión da imaxe dun santo local, neste caso de Nuremberg, cidade da que é patrón.
Clasificación Razonada Gravador. Rafael Sadeler II o Xove. nacido en Amberes o 20 de decembro de 1584, morto en Munich en 1632 (Escola Flamenca), Fillo de Raphaël Sadeler I. Os datos en canto ás datas da súa obra son confusos, dado que é frecuentemente confundido co seu pai, ao parecer morto en torno á mesma época. Foi aprendiz de gravador co seu pai. En 1610 foi admitido en Amberes no Gremio de San Luca. De 1604 a 1632 viviu en Munich, onde colaborou co seu pai, por ejemplo sobre grabados a partires de Kager para os segundos e terceiros libros de Bavaria sancta et pia. Un dos seus mellores traballos son as catro augafortes de Expeditiones in utramque Austriam et Bohemiam ephemeris. Ao final da súa vida, Rafael II colaborou cos seus irmáns Jan II e Filips sobre ilustraciones para libros de H. Drechsels.

Datos sobre San Sebaldo: No curso dunha peregrinaxe a Roma, atópase con san Willibaldo e o seu irmán, San Wunibaldo, que salva de morrer de fame metamorfoseando as pedras en pans e a auga en viño. Polo mesmo procedemento, salva a un home que ía morrer de frío, tranformando os xeos en carbóns ardentes. Unha muller roubou un queixo diante da súa imaxe, el vólvea pedra. Un home ridiculizouno, el castígao facéndolle perder un ollo. Todos estes milagres proveñen da fabulación popular.
Sobre o emprazamento da súa tumba foi contruída, no século XIV, a igrexa de San Sebaldo. En 1425, pola demanda da vila de Nuremberg, o papa Martin V fixo inscribir o seu nome no martiroloxio. É venerado en Italia baixo o nome de Sinibaldo. Invocábase contra o frío, a causa do milagre dos xeos ardentes.
A iconografía do santo local é case exclusivamente nuremberguesa. É representado, como San Roch de Montpellier, con hábito de peregrino, cunha cuncha no seu sombreiro. Apóiase sobre un bordón e presenta o modelo da súa igrexa ou, por alusión ao seu nacemento, unha coroa sobre un libro. Un anxo apórtalle un pan de cinzas (Aschenkuchen). No retábulo de Schwäbisch-Gmünd (Souabe), dous anxos planean sobre a súa efixie, portan dous escudetes coas armas de Inglaterra e Francia: leopardos e flores de lys, alusión ás súas orixes e os seus desposorios cunha princesa francesa.
Neste caso o santo aparece caracterizado como peregrino, en actitude devota, pero non leva bordón nin se ve ningunha cuncha no seu sombreiro. En lugar do bordón porta na súa man dereita unha cruz. Aparece de pé sobre a auga, enriba dunha leve tea que flota, seguramente o manto de rei, nun lago ou río, cunha paisaxe na que se ve unha cidade flamenca, que quizáis poida ser unha alusión a Nuremberg. Sobre a súa exigua embarcación está a coroa que testemuña a súa orixe real.
Bibliografía BÉNÉZIT, Emmanuel. Dictionaire critique et documentaire des Peintres, Sculpteurs, Dessinateurs et Graveurs de tous les temps et de tous les pays par un groupe d´écrivains spécialistes français et étrangers. Paris: Librairie Gründ, 1976.

RÉAU, Louis. Iconographie de l´Art Chrétien. Nova York: Kraus Reprint, 1983. T. III.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 02/06/2005
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6