Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1426.4/4
Clasificación Genérica Obxectos de equipamento doméstico: alimentación
Objeto/Documento Cunca
Tipología/Estado OPAQUE DE SARREGUEMINES
Autor/a Atribuído a; SARREGUEMINES
Materia/Soporte Porcelana
Técnica Cocción
Bizcochado
Estampación
Esmaltado
Torno
Dimensiones Altura = 2 cm; Longo = 6,50 cm; Grosor = 0,30 cm; Diámetro base = 6 cm
Descripción Probablemente se trate dun fragmento de base de cunca, de vaixela de "Opaque de Sarreguemines". Base de fondo plano con repé anular.
Ambas superficies presentan esmaltado opaco en branco, espeso, lixeiramente cuarteado na superficie interior e de boa calidade.
A superficie exterior no fondo, presenta selo estampado de fabricación en negro, con escudo coroado de Lorraine enmarcado cá lenda "OPAQUE DE SARREGUEMINES". Na superficie interior do repé aparece número impreso: 4.
Pasta de arxila caolinítica de boa calidade.
Iconografia Superficie exterior. Fondo.: Escudo;
Escudo de armas de Lorraine coroado, enmarcado ca lenda: OPAQUE DE SARREGUEMINES.
Inscripciones/Leyendas Repé. Superficie interior., Impresión
4 (4)
Firmas/Marcas/Etiquetas Superficie exterior / reverso : repé, Estampación, Francés
SARREGUEMINES
OPAQUE DE SARREGUEMINES (OPAQUE DE SARREGUEMINES )
Datación 1875-1914
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Lorena (Francia, Europa Occidental)
Uso/función Vaixela. Servizo de mesa.
Lugar de Procedencia Padrón (Sar (O) (comarca))
Lugar Específico/Yacimiento Rúa Ruiz Pons (Padrón)
Clasificación Razonada Fragmento de probable cunca, atribuída á produción "OPAQUE DE SARREGUEMINES" . A superficie exterior, no fondo, presenta selo estampado de fabricación en negro, con escudo coroado de Lorraine enmarcado cá lenda "OPAQUE DE SARREGUEMINES". Este tipo de impresións de fábrica datan a peza entre 1875 - 1900, anos nos que se usa este tipo concreto de marca.
Na superficie interior do repé aparece número impreso: 4. Estas marcas, nalgunhas das fábricas contemporáneas, servían para o control da produción ou de operario (Quiroga Figueroa, 2003: 63).
A peza que nos ocupa debeu de producirse no período de consolidación das produccións de Sarreguemines, durante a xestión de Paul de Geiger, quen herda a fábrica en 1871. As actividades produtivas deste taller comezaron en 1790 cando Nicolas-Henri Jacobi e dous socios crearon a primeira fábrica,que é herdada en en 1836 por Alexandre de Geiger, período no cal empeza a colaborar con Villeroy& Boch. O herdeiro Paul de Geiger, fíxose cargo da xestión en 1871 e morre en 1913, o mesmo ano en que a empresa Utzschnieder & Co se dividiu en dúas empresas: unha xestionou a fábrica de Sarreguemines, o outro as fábricas (Digoin e Vitry-lle-François). En 1919, despois da primeira guerra mundial, as distintas fábricas únense baixo o nome de Sarreguemines-Digoin-Vitry-lle-François e son xestionados pola familia Cazal.

Bibliografía:
· Quiroga Figueroa, M.: A louza de Sargadelos. Colección do Museo Provincial de Lugo. Deputación Provincial de Lugo, 2003.
<http://www.sarreguemines-museum.com/ressources/manuelchineur.asp>
<http://www.infofaience.com/fr/sarreguemines-hist>
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Control
Fecha de Ingreso 13/08/2014
Catalogación del Río Canedo, Verónica
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6