Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
D-585
|
Clasificación Genérica |
Obxectos de Arte
|
Objeto/Documento |
Debuxo
|
Autor/a |
Vázquez Díaz, Francisco (Lugar de nacimiento: Santiago de Compostela, 07/09/1898 - Lugar de defunción: Puerto Rico, 21/02/1988) (Compostela) [Alcume: Compostela. Santiago de Compostela , 7 de setembro de 1898-Puerto Rico, 21 de febreiro de 1988). É un artista coñecido sobre todo pola súa faceta de escultor, predomiñando nel a construcción en madeira representando animais (pingüinos, pelícanos..]
|
Título |
Saludo de la centuria de la ofrenda
|
Conjunto |
Debuxos de Francisco Vázquez Díaz sobre a cidade de Santiago de Compostela
|
Materia/Soporte |
Papel
|
Técnica |
Plumilla Coloreado a lápis
|
Dimensiones |
Longo = 21,80 cm; Altura = 16,30 cm
|
Descripción |
Escena que representa a procesión da centuria da ofrenda. Trátse dunha procesión multitudinaria de xente pertencente a distintas clases sociales e cun estatus social elevado (burguesía, clero, etc.) e membros da seguridade policial. A cabeza da procesión, un home con barba e lentes porta unha bandeira que leva inscrita a Cruz de Santiago e seguidamente aparecen dúas ringleiras de homes maiores agás dous rapaces. Detrás das ringleiras, un grupo de xente que parece seguir a procesión e un policía e dous nenos que observan nun segundo plano. Ao fondo aparecen dúas árbores.
|
Iconografia |
Escena de xénero
|
Inscripciones/Leyendas |
No ángulo superior esquerdo Saludo de la centuria de la ofrenda / Compostela 1935 [No ángulo superior esquerdo: Saludo de la centuria de la ofrenda / Compostela 1935 ]
|
Datación |
1935 (1935) [Datado no ángulo superior esquerdo debaixo do título.]
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
|
Uso/función |
Documental: amosar e deixar constancia duns feitos ocorridos nos anos dos debuxos (1935 e 1936). Artístico: foron feitos co fin de amosar o ambiente da cidade de Santiago entre os citados anos con escenas e actos característicos da cidade e acontecementos destacables deses anos.
|
Lugar de Procedencia |
Santiago de Compostela
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIONS>: 1935-1936. Compostela. Berros, oficios, servicios, cerimonias e sucedidos. Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2002 ó 9 de febreiro de 2003.
|
Clasificación Razonada |
A colección dos 26 debuxos de pequeno formato co seu cartafol (inventario D-563 a D-589) que Francisco Vázquez Díaz realizou entre 1935 e 1936, recolle escenas, tradicións, personaxes e ambientes típicos da cidade neses anos e supón un documento de interese para o coñecemento dunha parte importante da memoria recente de Compostela. Realizados a plumilla e coloreados a lapis, con trazos a veces caricaturescos, o artista reproduce aspectos da sociedade reinante naqueles momentos na cidade, dende os seus representantes, incluso por veces identificables, ata os anónimos paseantes que contribuían a outurgar a imaxe cotiá das rúas e prazas. En todos eles figura algún pequeno texto alusivo ao tema ou á escena representada, así como a palabra «Compostela» precedendo á data e que se podería interpretar tanto pola sinatura como pola indicación do lugar. Como se indicou, todos eles comprenden un período que vai entre 1935 e 1936, figurando en varios mesmo o propio día no que foi realizado.
|
Bibliografía |
1935-1936. Compostela. Berros, oficios, servicios, cerimonias e sucedidos: [exposición] Museo das Peregrinacións, Santiago de Compostela. Pérez Outeiriño, Bieito(coord). Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, 2002.
|
Forma de Ingreso |
Depósito por compra. Directa
|
Fecha de Ingreso |
20/11/2002
|
Catalogación |
Pesquera Vaquero, Mª Isabel
|