Museo |
Museo Arqueológico Provincial de Ourense
|
Inventario |
CE004259
|
Clasificación Genérica |
Obxectos de devoción; Pintura
|
Objeto/Documento |
Icono
|
Título |
SanAutelo
|
Materia/Soporte |
Táboa: Óleo Prata Soporte: Táboa
|
Técnica |
Repuxado
|
Dimensiones |
Altura = 23 cm; Anchura = 16 cm
|
Descripción |
Representación de san Autelo(Eleuterio) ,cun revestimento luxoso en prata gravada e repuxada que se extende por toda a superficie a excepción do rostro. Executado en avultado relevo, cun libro na man e en actitude de bendicir, xesto cargado de simboloxía xa que os tres dedos abertos(índice, corazón e maimiño)queren recordar a Trindade e que Cristo é unha das tres persoas divinas, os dedos restantes repregados(polgar e anular) , recordan que en Cristo subsisten dúas naturezas: a humana e a divina. A cabeza de inspiración románica realízase ao óleo sobre táboa, proporcionando un gran efecto. Veste alba e capa pluvial con estola, prodigándose nestas os detalles ornamentais. A figura desenvólvese sobre un fondo compartimentado, a través dunha moldura, en dúas zonas de diferente decoración, quedando enmarcada por baquetóns e róleos nos ángulos. Franquea a aureola do santo unha inscrición en carácteres gregos, onde figura o nome do mesmo. Execución coidada e cargada de detalles, impóndose o decorativo nun traballo onde o labor de orfebrería supera o da pintura.
|
Iconografia |
No motivo principal: Santo Autelo
|
Inscripciones/Leyendas |
Cartela a ámbolos dous lados da aureola co nome, Gravado, grego ( San Eleuterio)
|
Datación |
1801=1900
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Uso/función |
Relixioso. Devocional
|
Clasificación Razonada |
As iconas, enraizadas na espiritualidade popular, deben ser estudadas non soamente dende unha perspectiva artística senón tamén desde un punto de vista espiritual e de culto. Utilizan como recursos plásticos o hieratismo na expresión dos personaxes, o rexeitamento da plasticidade dos corpos e do movemento e mailo espazo abstracto.
|
Bibliografía |
CONDE SÁNCHEZ, M. "Icono". Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 05/2003. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2003_05_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.
|
Catalogación |
Barriocanal López, Yolanda; Conde Sánchez, María Milagros
|