Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1245
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado Doméstica
Autor/a Anónimo
Título Santa Pulqueria
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira [No seu día tivo travesas.]
Elementos sustentados: Témpera [Cores: vermello, branco, verde, azul e marrón]
Ouro Dourado
Estuco
Técnica Talla [Arca e berce]
Estucado
Dourado
Pintura a man alzada
Pintura á témpera
Dimensiones Icona: Profundidade = 3 cm; Altura = 30,70 cm; Anchura = 25,80 cm
Descripción Arca dourada cun filete verde e dous vermellos. O berce ten o fondo dourado e sobre el aparece en primeiro termo santa Pulqueria con manto vermello, velo branco e coroada, facendo cos dedos a sinal de bendicir. Ao lado esquerdo hai un edificio con tres pequenas cúpulas, dentro do cal está a santa e diante unha persoa axeonllada acompañada por un home de pé. Á dereita, outro edificio con cinco cúpulas. Sobre o muro pode apreciarse unha icona onde aparece Xesús bendicindo. Diante está a santa tendida sobre un leito cun anxo e dúas figuras a ambos os dous lados. Diante, a figura da santa morta tendida sobre un leito cun anxo e dúas figuras a ambos os dous lados.
Iconografia Icona: Santa;
Santa Palheria
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, parte superior, Pintado a man alzada
(1750-1799)
Datación 1790[ca] (Finais do s. XVIII)
Contexto Cultural/Estilo Idade Moderna
Lugar de Producción/Ceca Rusia (Europa Central e Oriental, Europa)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Europa Central e Oriental
Lugar de Procedencia Estonia
Lugar Específico/Yacimiento Tallin
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Iconas rusas. Presentación dunha colección; programa de exposición temporais sede San Miguel, (do 16 de xuño de 2014 ao 30 de novembro de 2014). A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Segundo as características que presenta, posiblemente poida formar parte da tipoloxía de iconas domésticas. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.)
Santa Pulqueria foi unha emperatriz do Imperio romano de Oriente entre o 399 e o 453. Os seus atributos son a coroa e o cetro imperial e un tallo de lirio.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6