Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1426.4/1
Clasificación Genérica Obxectos de equipamento doméstico: alimentación
Objeto/Documento Prato
Nombre Específico Prato chan
Tipología/Estado Serie Paisaxes imaginarias
Autor/a Taller de; Real Fábrica de Louza de Sargadelos
Materia/Soporte Louza
Técnica Cocción
Bizcochado
Estampación
Vidrado
Torneado
Dimensiones Altura = 3,20 cm; Longo = 10,40 cm; Grosor = 0,70 cm; Profundidade = 12,20 cm; Diámetro base = 10 cm
Descripción Fragmento de corpo e base de prato chan, de louza de Sargadelos, da serie "Paisaxes imaxinarias". Prato chan, con bordo recto, beizo fracturado e base de fondo plano con lixeiro repé anular.
A superficie interior presenta decoración estampada en azul da serie de paisaxes imaxinarias no fondo e corpo; no borde orla de tipo corrido con ornamentación floral. A superficie exterior no fondo, presenta selo impreso de fabricación con coroa real rodeada en círculo pola lenda "REAL FÁBRICA. SARGADELOS".
Pasta de arxila caolinítica.
Iconografia Superficie interior / Anverso: Borde. Corpo. Fondo.: Xardín; Elemento arquitectónico; Flores; Feminina; Figura masculina; Orla; Edificio;
Superficie exterior. Fondo.: Coroa;
Coroa Real rodeada en círculo da lenda: REAL FÁBRICA. SARGADELOS. Mide 1,5 cm de diámetro.
Firmas/Marcas/Etiquetas Superficie exterior / reverso. Fondo do prato., Impresión, Español
Real Fábrica de Louza de Sargadelos
REAL FÁBRICA. SARGADELOS (REAL FÁBRICA. SARGADELOS )
Datación 1845-1875
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Sargadelos ( Sargadelos (Santiago), Cervo (Mariña Occidental (A) (comarca)))
Uso/función Vaixela. Servizo de mesa.
Lugar de Procedencia Padrón (Sar (O) (comarca))
Lugar Específico/Yacimiento Rúa Ruiz Pons (Padrón)
Clasificación Razonada Prato chán de louza de Sargadelos, da serie "Paisaxes imaxinarias: paisaxe ideal con castelo".
Na superficie interior/ anverso do fondo do prato, represéntase unha paisaxe con río en zigzag, con elementos vexetais e arquitectónicos. En primeiro plano aparece unha grande árbore e a dereita unha muller sentada e un home de pé que conversan. A paisaxe está composta polo mencionado río en zigzag e a esquerda, en segundo plano, castelo con torres , vexetación e edificacións no fondo da composición. A orixe destes temas encóntranse no primeiro terzo do século XIX, nas fábricas inglesas de Staffordshire, é aquí cando en 1842 comézanse a producir as series de vistas imaxinarias baixo a denominación"Romantic Staffordshire" (Quiroga Figueroa, 2003: 98). Seguían un esquema moi estandarizado, ca agrupación dunha serie de elementos comúns en torno a un río ou lago. Os elementos decorativos mais empregados foron unha grande árbore no primeiro plano e como elementos secundarios: escalinatas, floreiros decorativos, estatuas e personaxes ataviados con roupas de diferentes épocas. Esta temática pasa a representarse na produción de Sargadelos a partir de 1845 (Quiroga Figueroa, 2003: 98). O fragmento presentado reproduce moitos de estes recursos estilísticos.
A ala do prato, presenta decoración formada pola característica "orla de tipo corrido con decoración floral" estampada en azul, composta por pequenos grupos de flores que se alternan con follas dentadas sobre un fondo de tule e remate interno de crestería (Quiroga Figueroa, 2003: 111). Soe ir asociado ás series de paisaxes imaxinarios. É un recurso estilístico moi recorrido na terceira e cuarta etapa de Sargadelos.
A superficie exterior / reverso do prato, presenta selo impreso de fabricación no que se pode ler "REAL FÁBRICA. SARGADELOS", como lenda rodeando unha coroa Real. Esta marca é característica da terceira etapa (1845 - 1862), cumprindo cas medidas estándares de 1,5 cm. de diámetro. Esta marca empregarase tamén no cuarto período e pode ir acompañada doutras marcas impresas, como os números de control de produción ou control de operarios.
Polo deseño, motivos decorativos e a presenza de marcas de fábrica e produción, esta peza sitúase entre a terceira época (1845 - 1862) e a cuarta época (1870 -1875) da fábrica de Sargadelos (Lugo).

Bibliografía:
· Quiroga Figueroa, M.: A louza de Sargadelos. Colección do Museo Provincial de Lugo. Deputación Provincial de Lugo, 2003.
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Control
Fecha de Ingreso 13/08/2014
Catalogación del Río Canedo, Verónica
| más imágenes |
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6