Foto: Xenaro Martínez Castro

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-640
Clasificación Genérica Pintura
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Vallejo, Francisco Antonio (Lugar de nacimiento: México, 1722 - Fecha de defunción: 1785)
Título Crucifixión con Gloria, santos e anxos
Materia/Soporte Lenzo
Pintura ao óleo
Técnica Óleo sobre lenzo
Dimensiones Longo = 6 cm; Alto máx = 108 cm; Ancho máx = 87 cm
Descripción Sobre a Cruz sitúase excepcionalmente Deus Pai, que aparece para bendicir ó seu fillo no momento de entregar a súa alma. Baixo a Cruz, as Ánimas do purgatorio e a dereita, xunto a María, cun puñal no peito, atópase o Arcanxo san Miguel triunfante, como xeneral das milicias celestiais. San Xosé co Neno en brazos e ambos dirixindo a súa mirada cara san Xoán Bautista; baixo éste identificamos a santa Tecla que sostén coa súa man esquerda a palma do martirio e co seu brazo dereito unha columna, (símbolo da súa fortaleza ante o tormento, tanto así que os seus verdugos desistiron e a liberaron). Suxeitando o seu corazón, coa man sobre o peito, santa Xertrudis a Magna e co hábito franciscano mailo Neno no colo: san Antonio de Padua. A esquerda da Cruz, san Xoán xunto ó que se sitúa, Santiago o Maior, ataviado como apóstolo pero sostendo o bordón coa cabaza. Abrazada aos pes do Crucificado, María Magdalena e a súa esquerda, a figura de san Francisco Xavier vestido coa indumentaria do peregrino (o que está relacionado co milagre do Pai Mastrilli no 1634: curación prodixiosa durante a que, segundo explica Fernández Gracia, apareceuse como santo peregrino). Xunto a éste encóntranse san Domingos en oración e san Francisco de Paula que sostén un pergameo coa divisa que recibiu de mans de san Miguel e que claramente o identifica: CHARI/TAS.
Iconografia Crucifixión; Santiago Apóstolo; San Francisco Xabier; Peregrino
Firmas/Marcas/Etiquetas Esquina inferior derecha, Óleo, Latín
Vallejo, Francisco Antonio (1778)
FRAN. ANT. VALLEJO PINXIT Á 1778
Datación 1778
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca México (América do Norte, América)
Uso/función Devocional
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Até o confín do mundo: diálogos entre Santiago e o mar. Museo do Mar, Vigo. 27 de xullo ao 30 de setembro do 2004. Caminhando sob as estrelas. Santiago e a peregrinaçâo a Compostela. Tesouro Colexiata Santiago do Cacem, Museo de Arte Sacra, Protugal. 5 de xullo ao 31 de outubro do 2007.
Clasificación Razonada Neste lenzo representase un Calvario pero non na súa formulación iconográfica tradicional na que figurarían xunto a Xesús na cruz, a Virxe María, san Xoán Evanxelista, e María Magdalena; aquí o Crucificado atópase rodeado por unha diversidade de personaxes, a maioría non coetáneos, e que configuran unha multitudinaria escena.
A introdución de diferentes santos no momento do Calvario remontase a 1236 cando xunto o Crucificado de Giunta na basílica inferior de Asís inclúese a imaxe do frade franciscano Elías. Será a partires do 1260 cando a figura de san Francisco comézase a utilizar nos calvarios da xeografía umbro-toscana, e do mesmo xeito esta formulación iconográfica tamén será utilizada polos dominicos. Tal como aclara Dolores Fraga "Al situar al religioso como personaje anacrónico en el Calvario se pretende que sirva de enlace, de mediador entre el Hijo de Dios y el fiel espectador, adentrándolo en el misterio de la Cruz [...] La irrupción de un personaje cotidiano, cercano en el tiempo al espectador, en la esfera de lo sagrado proporciona un mayor verismo a la escena. Son imágenes devocionales, cuya intencionalidad no es otra que la de presentar al fiel un modelo de fe y de oración contemplativa ante la imagen".
No exemplo que nos ocupa incorpóranse "santos más actuais" -san Francisco de Paula, santa Xertrude o san Francisco Xavier-, que son propostos ó espectador pola súa proximidade no tempo para invocar novos modelos de santidade, aínda que os antigos continúan tamén presentes. E claro pois o carácter catequético deste tipo de composicións (como xa apuntou Juan Monterroso), e por iso a representación tan evidente das imaxes cos seus atributos máis característicos co fin dunha comprensión asequible para todo espectador. Estamos pois, ante unha escena de fácil lectura, que cumpre perfectamente coa función didáctica imposta pola Contrarreforma y que tivo na pintura novohispana un instrumento moi eficaz e de fonda caladura tal como o demostra esta obra de xa ben entrado o século XVIII. Neste contexto podemos dicir que "la conocida función mnemotécnica de las imágenes, relacionada con el valor pedagógico-catequético del barroco iberoamericano, se traduce en una amplia casuística de imágenes proyectadas como auténticos teatros de la memoria", tal como expresou Marcello Fagiolo.
O lenzo está asinado e datado na esquina inferior dereita: FRAN. ANT. VALLEJO PINXIT Á 1778, o que nos indica que estamos ante unha obra realizada na última época da produción de este recoñecido pintor, activo en México dende 1760 a 1781.
Bibliografía GIGIREY LISTE, María Esperanza. Crucificação com glória, santos e anjos. No caminho sob as estrelas: Santiago e a peregrinação a Compostela, direcção de José Antonio Falcão. Santiago do Cacém - Beja: Cãmara Municipal, 2012. Vol. II, p.p. 184-186.

MONTERROSO MONTERO, Juan. Calvario con diversos santos. Até o confín do mundo: diálogos entre Santiago e o mar, edición a cargo de Francisco Singul y José Suárez Otero. [Vigo]: Museo do Mar de Galicia, [2004]. p. 270.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 28/11/2003
Catalogación Gigirey Liste, Esperanza
| más imágenes |

Foto: Xenaro Martínez Castro

 
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6