Museo |
Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
|
Inventario |
222
|
Clasificación Genérica |
Cristianismo: mobiliario cultual; Metalistería; Esmaltes
|
Objeto/Documento |
Arqueta
|
Autor/a |
Fernández Calzada, Osmundo (Lugar de nacimiento: Valladolid (m), 1876=1900) Fernández Calzada, Eloy
|
Título |
Arqueta
|
Materia/Soporte |
Esmalte Madeira Lámina de cobre
|
Técnica |
Esmaltado
|
Dimensiones |
Altura = 16,50 cm; Longo = 11,50 cm; Anchura = 24 cm
|
Descripción |
Arqueta de forma rectangular e tapa semicircular realizada con alma de madeira e recuberta de placas de cobre. Decórase por todos os lados con escenas de temática xacobea realizadas a base de esmaltado champlevé: nos lados maiores aparece, na fronte, Santiago na batalla de Clavixo e na parte traseira a Traslación do corpo no carro de bois; na tapa unha imaxe de Santiago sedente seguindo modelos do Pórtico da Gloria, vieiras, cruces de Santiago e decoración vexetal estilizada; en ambos os dous laterais representacións do escudo de Compostela co sartego coa estrela e timbrado coa Cruz de Santiago, flanqueado por animais fantásticos. É obra da autoría dos "Hermanos Hernández" de Vigo que a realizaron como ofrenda para a conmemoración do ano santo de 1926.
|
Iconografia |
Santiago na Batalla de Clavixo; Translación do corpo do Apóstolo Santiago; Santiago sedente; Escudo da cidade de Santiago de Compostela
|
Inscripciones/Leyendas |
Parte anterior da tapa (1926) SANTIAGO DE COMPOSTELA Parte posterior da tapa (1926) AÑO SANTO DE MCMXXVI Tapa, flanqueando a imaxe de Santiago (1926) SANT YAGO Na cartela de Santiago (1926) HISPA / NIA / RVM / PA /TRO / N0 (Ao patrón das Españas)
|
Datación |
1926
|
Contexto Cultural/Estilo |
Idade Contemporánea
|
Lugar de Producción/Ceca |
Vigo (m) ( Vigo (comarca), Pontevedra (p)) [ Vigo (Pontevedra)]
|
Uso/función |
Orixinariamente trataríase dunha ofrenda. Tería unha función secundaria para gardar obxectos persoais.
|
Lugar de Procedencia |
Vigo (m)
|
Historia del Objeto |
<EXPOSICIONS>: Santiago de Compostela. 1000 ans de Pèlerinage européen. Gante, 1985
|
Clasificación Razonada |
A confección de obxectos relacionados coa temática xacobea por obradoiros de toda Galicia para a celebración dos Anos Santos viña sendo algo moi habitual mesmo no século XX. Tratábase en boa medida de obxectos que eran entregados a persoas ou institucións con motivo da celebración do Xacobeo. A abundancia de motivos e elementos xacobeos na decoración destes obxectos, como é o caso desta arqueta, está completamente xustificada.
|
Bibliografía |
DE LA FUENTE ANDRÉS, Félix; GALLEGO LORENZO, Josefa. Coffret de los Hernandez. Gante (Gent): 1985. Santiago de Compostela: 1000 ans de Pèlerinage Européen (catálogo exposición), páx. 291, núm. cat. 169.
|
Catalogación |
Pérez Outeiriño, Bieito
|