Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 1766
Clasificación Genérica 02.Manufactura téxtil; 02.MANUFACTURA
Objeto/Documento espadela
Materia/Soporte madeira [De frondosa.]
ferro
Técnica punteado
Dimensiones Alto = 38,70 cm; Ancho = 3 cm; Profundidade = 22 cm
Descripción Útil consistente nunha lámina plana con aparencia de gran coitela, con folla e mango nunha soa peza.
A forma da ferramenta correspondería á dun triángulo isósceles, no cal un dos lados maiores é unha curva cóncavo-convexa. Este lado de borde biselado/ afiado é o fío.
Os lados restantes -o oposto ó fío é a cota- son rectos e de borde romo.
No vértice onde converxen fío e cota áchase o mango, formado por un recorte de forma trapezoidal practicado na propia folla, que se reforza no lado da cota cun pequeno listón de perfil semicircular de de 19 cm de lonxitude, cravado.
TEMA/DECORACIÓN: A folla presenta nunha cara decoracións, apenas perceptibles, con motivos xeométricos de ondas e círculos.
Uso/función Liño: Cultivo e procesado non mecanizado do liño: Obtención da fibra: Espadelada/ espadela e tasca.
Sinónimo: Tascón
Espadela e espadeleiro son as ferramentas que se utilizan nas operacións de espadelar e tascar. Para elo, póusase o liño -xa mazado e remazado- no borde superior do espadeleiro, e, en tanto se terma del cunha man, bátese sostendo a espadela coa man libre, deixándoa caer verticalmente repetidas veces de modo que incida co fío.
Esta espadela, en concreto, colleríase coa man dereita, pasando os dedos polo recorte trapezoidal, suxeitándoa polo mango.
A mesma operación facíase dúas veces, co mesmo procedemento, pero coa salvedade de que, para a segunda volta, o liño quecíase, ao forno ou ao sol (Rivas Q.). O nome das dúas operacións varía: Espadelar-Relar-Debouzar/ Limpar-Tascar.
Os subprodutos obtidos nesta operación son tomentos usados para tecidos bastos na espadela e tascos usados para o mesmo (X. Lorenzo); ou ben, só se utilizarían os subprodutos da tasca: Tomentos ou tascos (Rivas Q.)
Traballo exclusivemente feminino (E esta unha laboura de mulleres únicamente, cando o procedemento é puramente manual. Con métodos mecánicos aparece xa o home, Rivas Q., páx. 81), individual (e entón chámase espadela -Gil de B.-) ou comunitario por rogas (Rivas Q.), cada unha levando a súa ferramenta; ocasión festiva (X. Lorenzo), faise no inverno, baixo cuberto, á noite. En Rivas: É agora cando o liño se agrupa en afusais, sendo cada un de vintecatro estrigas, e cada estriga, un par. Cada estriga batíase durante quince minutos; cada espadeladeira debía espadelar un afusal por noite, ou cinco afusais por día.
Os tomentos enmanélanse en meadas, a razón de vintecatro manelos cada meada (Rivas Q.)
Lugar de Procedencia Vilaboa (Allariz)
Lugar Específico/Yacimiento Vilaboa
Bibliografía GIL DE BERNABÉ, Xosé Manuel. O liño. Vigo (m): Ir Indo.

LORENZO, Xaquín. Etnografía. Cultura Material, en Historia de Galiza, vol. II, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Akal, 1979.

RIVAS QUINTAS, Elixio. Tear, tecido e complementos. Ourense (m): Deputación Provincial.
Catalogación Olga Miguéns
Subir

© Ministerio de Cultura | v51.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con CER.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6