Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1185
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Metalistería; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado Doméstica
Autor/a Anónimo
Título Virxe dos Anxos
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira [Por detrás ten unha tea gris que non deixa ver o soporte.]
Elementos sustentados: Tea Gris
Témpera [Cores: ocre, branco e marrón.
Só se ven as carnacións.]
Oklad: Prata Gris prata
Marco: Madeira Marrón escuro
Técnica Pintura a man alzada
Oklad: Repuxado
Picado de lustre
Gravado
Pintura á témpera
Dimensiones Icona: Profundidade = 4 cm; Altura = 23,70 cm; Anchura = 19,50 cm
Descripción "Oklád" en prata ornamentada coa representación da Virxe dos Anxos entronizada e coroada que leva sentado no seu regazo ao Salvador. Ao redor da escena e encadrando esta, pódese apreciar un marco que forma parte da mesma peza, de media caña e cunha decoración vexetal de acios. Todo o conxunto está enmarcado con madeira escura.
O Neno leva o Evanxeo na man esquerda e a man dereita está en posición de bendicir. Tanto el coma a Nai levan nimbo. Ao carón da Virxe hai dous anxos de corpo enteiro con brazos cruzados e as cabezas ladeadas cara a Virxe. Están como subidos aos brazos do trono. As caras da Virxe e do Neno están recortadas para que se vexan as que están pintadas na icona interior de madeira.
Iconografia Icona: Advocacións da Virxe; Virxe
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, parte superior, Repuxado
[Abreviaturas]
Firmas/Marcas/Etiquetas Cara anterior, parte inferior dereita, Incisión
[Firma do prateiro na parte inferior dereita entre o chan da escena e o marco]
Datación 1789[?]-1900[?]
Lugar de Producción/Ceca Italia (Europa do Sur, Europa)
Uso/función Devocional
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Segundo as características que presenta, posiblemente poida formar parte da tipoloxía de iconas domésticas. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.).
Esta representación da Virxe é unha imaxe cun forte sentido frontal, moi hierática. Adoita aparecer rodeada por emperadores ou santos, pero pode tamén estar acompañada dos arcanxos Miguel e Gabriel. Noutra das pezas desta colección, na D-1225, volve aparecer esta representación da Virxe aínda que acompañada por dous santos.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v50.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6