Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario DX0077
Clasificación Genérica Cerámica
Objeto/Documento Vasilla
Materia/Soporte Arxila [Textura heteroxénea, semicompacta e con desgraxantes de tamaño medio-groso en cuarzo e mica]
Técnica Incisión [A decoración concéntranse na parte externa -entre a carena e o bordo- e componse de trazos de liñas parellas e incisas -suco en V-, cunha disposición e distancias irregulares, e delimitadas na parte superior por un segundo tipo de risco subcircular]
Modelado [A man]
Perforado [Dúas perforacións simétricas -separadas 5 cm. e situadas no bordo-, de corte cónico -abertas de fóra cara dentro e de 1-0,5 cm. de diámetro- e que poderían ser elementos de suspensión]
Cocción alterna [A pasta combina tons escuros/claros (cincentos, alaranxados e vermellos). As superficies interior/exterior son groseira e semigroseira, sc., con tons alaranxados/cincentos; indicando en xeral dunha cocción alterna: redutora na parte interna e superficial]
Dimensiones Altura = 31,10 cm; Grosor = 0,90 cm; Diámetro base = 10 cm; Diámetro boca = 38 cm; Diámetro interior = 41,50 cm; Diámetro máximo = 44,50 cm
Descripción Recipiente aberto, de morfoloxía xeral globular, perfil cónico-convexo e paredes semigrosas. A base é cónica e remata nun umbo irregular, o galbo é cónico-redondeado e limita co colo -convexo-redondeado- a través dunha carena horizontal. Tamén conta cun bordo lixeiramente exvasado e un beizo labiado. Con respecto á pasta, presenta unha textura heteroxénea, semicompacta, con desgraxantes de tamaño medio-groso e variedades tonais cincentas alaranxadas e vermellas. No caso das superficies interior/exterior, amosan cores desiguais alaranxadas/cincentas, e texturas groseira e semigroseira, respectivamente. A decoración concéntrase no exterior -entre a carena e o beizo-, e componse dunha trama irregular de trazos inciso-parellos, delimitados cun segundo trazo subcircular. Como complemento decorativo poderíase falar de dous orificios simétricos -no bordo- que tamén terían unha función suspensoria.
Contexto Cultural/Estilo Calcolítico
Uso/función Conter
Lugar de Procedencia Calvos de Randín
Lugar Específico/Yacimiento Os Pontos
Clasificación Razonada A peza procede dos traballos de prospección arqueolóxica realizados no lugar de Os Pontos (Calvos de Randín, Ourense). O director da intervención interpreta a peza como unha cerámica de Tipo Penha, coa forma 1B da tipoloxía do Dr. V. Oliveira Jorge, correspondente a cronoloxías calcolíticas. Tras a reconstrución da peza -407 fragmentos- pódese constatar que os riscos da decoración terían sido realizados probablemente coa axuda dun punzón, xunto cos dous orificios simétricos -separados 5 cm.- de corte cónico, furados de fóra cara dentro (de 1-0,5 cm.) e que poderían servir como elementos de suspensión. Por último, e a falta dunha contextualización arqueolóxica mais precisa, o seu uso estaría relacionado co receptáculo de alimentos sólidos e/ou líquidos.
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Xermán Darriba Barba

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6