Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-502
Clasificación Genérica Obxectos de Arte; Pintura
Objeto/Documento Cadro
Autor/a Escola española
Título A boa morte; Virxe María Porta Coeli
Materia/Soporte Lenzo
Técnica Óleo sobre lenzo
Dimensiones Alto con marco = 142 cm; Alto sen marco = 123 cm; Altura = 123 cm; Longo = 8 cm
Descripción A composición divídese en tres rexistros horizontais xunto cun centro focal. Este, constitúese coa figura de María genuflexa sobre un cúmulo de nubes. Viste un manto de tons verdes e unha túnica carmín. Esta figura destaca perfilada sobre o fondo grazas ao dobre foco lumínico, un recurso barroco. Aos seus lados dispóñense dous cortexos que dirixen a súa mirada cara a ela:
-Á dereita atópanse os anxos, mostrando unha clara xerarquización mediante o uso de coroa para identificar o Anxo Custodio.
-Á esquerda un cortexo de santos mártires presidido por Pedro, Pablo acompañados por pontífices, prelados e mártires.
Na sección superior atópase a Santísima Trindade organizada e representada de modo tradicional. Entre tanto, na sección inferior atópase unha escena moito máis caótica. Ao redor dun moribundo xúntase unha serie de personaxes alegóticos xunto con Anxo Custodio e Santiago Apostol cos símbolos peregrinos
Iconografia Santiago como protector e intercesor ante a Virxe
Datación 1601=1700 (S. XVII)
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Uso/función Pintura devocional seguramente feita por alguén que estivo ó bordo da morte e para quen o seu protector é Santiago.
Clasificación Razonada O tema da Boa Morte considérase un exemplo claro de pensamento e cultura do barroco español. É un resumen de boa parte dos principios tras o Concilio de Trento. Na época, a representación da morte pasou dunha imaxe pesimista a unha de esperanza e optimismo cun rico simbolismo, ademáis da reafirmación da figura da Virxen María como intercesora das almas condeadas e o papel de Santiago como protector como se pon en manifesto no Codex Calixtino e na Lenda Dourada. En todo caso, esta iconografía é realmente extraordinaria e non tivo predicamento con posterioridade.
Bibliografía MONTERROSO MONTERO, Juan. Postrimerías y devociones: lecturas iconográficas de un lienzo perteneciente al Museo das Peregrinacións de Santiago de Compostela. Semata: ciencias sociais e humanidades, 2005, vol. 17, pp. 363-384
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 24/04/2002
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel; Ogando Gonzalez, Cristina
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6