Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-724
Clasificación Genérica Libros relixiosos; Documentos e publicacións; Libros; Ordes relixioso-militares
Objeto/Documento Libro de ordenanzas eclesiásticas
Autor/a Rades y Andrada, Francisco de
Taller de; De Ayala, Juan [Toledo]
Título Chronica de las tres Ordenes y Cauallerias de Sanctiago, Calatraua y Alcantara: en la qual se trata de su origen y successo, y notables hechos en armas de los Maestres y Caualleros de ellas: y de muchos Señores de Titulo y otros Nobles que descienden de l
Materia/Soporte Papel
Técnica Impresión tipográfica
Dimensiones Longo = 3 cm; Altura = 27,30 cm; Anchura = 20 cm
Descripción Un volume en cuarta maior, encadernación posterior, de finais do XVIII ou principios do XIX, en pasta española. 12 f., 73 fol., 1 folla en branco, 85 fol., 1 folla en branco, 55 fol. O volume divídese en tres tomos, correspondentes a cada unha das Ordes a tratar: Santiago, Calatrava e Alcántara (neste orde), comparten a portada, pero non así a numeración de páxina, e cada unha delas está separada por unha folla en branco.
Portada: Enmarcada por unha decoración tipicamente renacentista, formada por unha banda rectangular que circunda a portada. Decoración desta banda a base de estípites, grutescos e as cruces pertencentes a cada unha das tres Ordes: Santiago, Calatrava e Alcántara. Título da obra na parte superior, o centro está ocupado por unha representación do escudo do Reino de España (en gran tamaño, pois ocupa case as 3/4 partes da portada), debaixo deste: adicatoria ao Rei e, en último termo, pé de imprenta.
Texto completo da portada: Chronica de las tres Ordenes y Cauallerias de Sanctiago, Calatraua y Alcantara: en la qual se trata de su origen y sucesso, y notables hechos en armas de los Maestres y Caualleros de ellas: y de muchos Señores de Titulo y otros Nobles que descienden de los Maestres: y de muchos otros Linages de España. Compuesta por el Licenciado Frey Francisco de Rades y Andrada Capellan de su Magestad, de la Orden de Calatraua. Dirigida a la C. R. M. del Rey don Philippe nuestro Señor, Administrador perpetuo destas Ordenes. Impressa con licencia en Toledo, en casa de Juan de Ayala. Año 1572. Con Priuillegio Real por diez años.Tódalas capitulares están decoradas con motivos cabaleirescos.
O libro presenta anotacións manuscritas.As follas 63 e 64 correspondentes á Chronica de Sanctiago non son as orixinais, senón que foron substituídas por sendas follas manuscritas, cunha perfecta caligrafía.
Decoración heráldica. (escudo da portada). Decoración figurada (capitulares).
Iconografia Orde de Santiago; Escudo
Inscripciones/Leyendas Parte posterior da portada
Este libro pertenece á Dn. Angel Alvarez de Araujo y Cuellar, Caballero del hábito de Santiago de ¿?. Enero 1862 [Na parte posterior a esta folla hai outro ex-libris máis antigo, manuscrito: Este libro pertenece á Dn. Angel Alvarez de Araujo y Cuellar, Caballero del hábito de Santiago de ¿?. Enero 1862.]
Na portada, Selo
Biblioteca del Excmo. Sr. Conde de Cedillo [Ex libris na portada: selo onde se representa un escudo rodeado da lenda: Biblioteca del Excmo. Sr. Conde de Cedillo.]
Datación 1572
Contexto Cultural/Estilo Renacemento
Lugar de Producción/Ceca Toledo (m) (Sagra (comarca), Toledo)
Uso/función Divulgación da historia das Ordes Militares de Santiago, Calatrava e Alcántara. Dende o século XVI, até o XIX, os historiadores que se ocuparon destas institucións escribiron crónicas máis ou menos afortunadas que se ocupan preferentemente de narrar os acontecementos en que se viron envoltas as Ordes Militares dende a súa fundación. Parangonando a forma do relato adoptada polos cronistas rexios, que centraban o seu traballo na biografía e feitos dos monarcas, os das Ordes estructuraron as súas crónicas en apartados correspondentes ás vidas dos maestres, cabezas das Ordes. Esta forma de historiar ten o seu principal expoñente en frei Francisco de Rades y Andrada, cuxa obra que nos ocupa supuxo a principal fonte de tódolos tratadistas que se ocuparon das Ordes Militares nos séculos posteriores. O propio Rades, partícipe da concepción renacentista da Historia, consultou documentación orixinal conservada nos arquivos das respectivas Ordes, asumiu funcións administrativas en Calatrava, orde á que pertencía como freile clérigo. As numerosas edicións das regras e definicións de Santiago, Calatrava e Alcántara publicadas ao longo do século XVI ían precedidas dunha crónica da orde respectiva, así como de copias dos documentos máis relevantes, especialmente doazóns, privilexios e bulas. Pero a mirada destes tratados orientábase fundamentalmente á época medieval, a verdadeira idade de ouro das Ordes militares, morta trala incorporación dos maestrazgos á coroa de Castela dende finais do século XV.
Bibliografía PALAU Y DULCET, Antonio. Manual del librero hispano-americano: inventario bibliográfico de la producción científica y literaria de España y de la América latina desde la invención de la imprenta hasta nuestos días, con el valor comercial de todos los artículos descritos. Madrid: Ollero y Ramos, 2004.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 15/12/2004
Catalogación Porto Ruza, Ana
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6