Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1458
Clasificación Genérica Obxectos de ritos, cultos e crenzas; Obxectos rituais e cerimoniais; Obxectos asociados á ofrenda
Objeto/Documento Cáliz
Autor/a Posible autoría; José Antonio Morales [Un dos posibles autores do cáliz. Tamén poidera haber sido Antonio Morales. Ambos os dous pertenceron a unha familia de prateiros de Santiago de Compostela que fixeron moitas obras para a Catedral entre 1714 e 1739.]
Posible autoría; Antonio Morales [Un dos posibles autores do cáliz. Tamén poidera ter sido J.Antonio Morales. Ámboslosdous dous pertenceron a unha familia de prateiros de Santiago de Compostela que fixeron moitas obras para a Catedral entre 1714 e 1739. A relación familiar se descoñece.]
Materia/Soporte Prata
Técnica Sobredourado
Fundición
Dimensiones Alto máximo = 24 cm2; Diámetro base = 13,50 cm2
Descripción Cáliz de prata na súa cor e sobredourada. Copa de configuración troncocónica con forma lisa e con bordo aberto. A media altura da copa presenta unha moldura que sobresae do corpo. Haste composto de varios boceis, os inferiores e superior de menor tamaño cós centrais e con nó en forma de xerro. Pé con cúpula diferenciada en dous niveis ata chegar ao plinto de estrutura circular. Nestes dous niveis pode apreciarse unha lenda e un escudo gravados, e no plinto é posible ver os dous punzóns. (V. Clasificación razoada)
Inscripciones/Leyendas Pé, Incisión, Capital, Latín
Antonio Morales (1730[ca])
DIOLE EL YLLmo. Sor. Dn. JOSEPH DE YERMO Y SANTIBÁÑEZ ARBPo. Y Sor. DE STo.. (Lo donó el Ilustrísimo Señor Don José de Yermo y Santibáñez Arzobispo Y señor de Santiago.) [A inscripción podería estar feita por un dos Morales xa que non sabemos ainda quen foi o verdadeiro autor .]
Firmas/Marcas/Etiquetas Plinto da base, Incisión
José Antonio Morales (1730[ca])
S: MO [Seguramente refírase a un dos probables autores]
Datación 1730[ca]
Lugar de Producción/Ceca Santiago de Compostela (Santiago (comarca), Coruña (A) (p))
Uso/función Litúrxico
Descriptores Geográficos Santiago de Compostela
Clasificación Razonada HERÁLDICA: O escudo corresponde ao arcebispo José del Yermo Santibáñez (1727-1938). Executado a man alzada mediante incisión, tímbrase co capelo e as borlas que corresponden á súa dignidade de arcebispo (2 x 10) e aparece dividido en catro campos, cos castelos (1º e 4º) e lobos pasantes sobre aciñeiras (2º e 3º). A lenda, disposta no anel superior do pé, fai referencia ao doador do cáliz, o devandito arcebispo compostelán, e reza: "DIOLE EL YLLmo. Sor. Dn. JOSEPH DE YERMO Y SANTIBÁÑEZ ARBPo. Y Sor. DE STo.".

PUNZÓNS: Os punzóns deberán ser obxecto de estudo detallado. É probable que fagan referencia ao prateiro ("S: MO"), posiblemente un artesán membros da familia dos Morales, prateiros con certa sona en Compostela. En relación co segundo dos punzóns ("Y.N.O."), hai que indicar que podería corresponder ao marcador ou mesmo, aínda que tal cousa parece menos probable, ser unha marca de propiedade.
A produción dos prateiros composteláns é moi coñecida desde época ben antiga, sobre todo aquela relativa á elaboración de obxectos sagrados e de tipoloxía relixiosa, que eran moi demandados na cidade de Santiago, e supuñan a case totalidade dos obxectos elaborados. Especial relevancia adquire a produción labrada durante o período Barroco cando, por mor da boiante situación económica que atravesa a igrexa compostelá, se incrementa o número de prateiros para dar abasto aos abundantes encargos efectuados principalmente polo cabido e polo propia arcebispo para dotar de mobiliario litúrxico a gran cantidade de institucións relixiosas da propia cidade e da extensa provincia eclesiástica.
A importancia desta peza é múltiple e reside en varias cuestións que a seguir tratamos de maneira moi sintética. En primeiro lugar por tratarse dun cáliz regalado a algunha institución relixiosa (descoñecemos polo momento de cal se trata), feita polo arcebispo de Santiago, seguindo unha habitual e documentada tradición que se pode comparar coa produción dos denominados cálices esmoleiros que doaban os reis cada ano a varias institucións relixiosas.
En segundo lugar por tratarse dunha obra de pratería compostelá punzoada, algo pouco habitual nas producións locais. Neste caso, os dous punzóns precisan aínda dun estudo polo miúdo para poder identificar ao seu artífice e posiblemente ao contraste.
En terceiro lugar por ostentar unha inscrición que ofrece unha importante documentación histórica de cara á contextualización do ben de que se trata e mesmo proporciona unha datación bastante preciso que iría no período comprendido entre 1728 e 1738.
En cuarto e último lugar por conservar unha representación figurativa consistente no escudo heráldico do doador, neste caso, arcebispo de Santiago no terceiro decenio do século XVIII, algo moi pouco habitual na produción compostelá.

AUTORÍA: Sobre a autoría deste cáliz é preciso analizar con máis detalle os dous punzóns que conserva. O primeiro ("S: MO") é probable, como xa se indicou, que pertenza a algún prateiro da familia dos Morales, activos en Santiago entre aproximadamente 1714 e 1739. José Antonio Morales e Antonio Morales (pai e fillo? irmáns?), ambos os dous prateiros da catedral, deixaron unha amplísima produción de obxectos sacros (lámpadas, candeeiros, sacras, copóns, cálices...) para as distintas capelas da basílica compostelá. A documentación conservada reflicte multitude de encargos de copóns (posiblemente tamén cálices) para regalar a igrexas pobres, tal e como deixa recollido J. Couselo Bouzas na súa obra Galicia artística en el siglo XVIII y primer tercio del XIX, Santiago de Compostela, 1932. Recóllense tamén diversos encargos efectuados por outras institucións compostelás e dos arredores.
O segundo dos punzóns ("Y.N.O.") podería corresponder, como se indicou, ao marcador ou mesmo, aínda que parece menos probable, ser unha marca de propiedade.

DOANTE: O arcebispo José del Yermo Santibáñez, é a persoa que realiza a doazón e ao que se refiren escudo heráldico e inscrición. Biscaíño de nacemento, chega a Compostela logo de exercer de bispo en Ávila. Nomeado a finais de 1727, non tomaría, sen embargo, posesión do seu cargo ata un ano despois. Desempeñaría o seu pontificado entre o de Miguel Herrero Esgueva (1723-1727) e o de Manuel Isidoro Orozco Manrique de Lara (1738-1745). A súa relación co cabido catedralicio non sería demasiado cordial desde o mesmo momento da súa toma de posesión. Tería como unha das principais finalidade regularizar as relacións entre o cabido e o concello non sendo sen embargo quen de poñer orde nas desavinzas que tradicionalmente afloraban entre as dúas corporacións. Durante o seu pontificado, e grazas ao seu apoio decidido, construiríase a denominada Casa de Exercicios (na actualidade Facultade de Filosofía, na Praza de Mazarelos), para a formación do clero diocesano e que puxo baixo a tutela dos xesuítas. Na fachada principal deste edificio e sobre a entrada figura o escudo de armas do arcebispo, coincidente, como é de supoñer, co que figura no cáliz que agora se comenta.
Estaríamos polo tanto ante unha peza ligada directamente cun arcebispo de Compostela e cunha importante familia dos artesáns desta mesma cidade. Ademais, grazas aos datos que nos achega a peza podemos saber con moita exactitude a súa cronoloxía .
Forma de Ingreso Depósito por compra
Fecha de Ingreso 15/07/2016
Catalogación Pérez Outeiriño, Bieito
| más imágenes |
 
 
 

Foto: Roberto Aneiros García

Foto: Roberto Aneiros García

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6