Foto: Santiago Ferrer Sierra

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario DX1210/16
Clasificación Genérica Pesas e medidas; Metais
Objeto/Documento Chumbada
Materia/Soporte Chumbo
Técnica Fundición
Dimensiones Altura = 4,10 cm; Diámetro = 3 cm
Descripción Chumbada de forma cónica e sección circular. Na súa parte proximal presenta restos de ferro correspondentes a argola necesaria para a súa suspensión.
Contexto Cultural/Estilo Alto Imperio Romano
Uso/función Instrumento de medición topográfica
Fechas Referencia 69-120
Lugar de Procedencia Porto Quintela
Lugar Específico/Yacimiento Aquis Querquennis
Clasificación Razonada Esta chumbada ("perpendiculum") pódese identificar cun dos catro lastres que se suspenden dos brazos en cruz dunha "groma". Na súa parte superior posue unha argola por medio da cal estaría suspendida dun dos fios de chumbada ou mira. A "groma" era un dos aparatos de terreo empregados polo agrimensor para realizar alineacions que permitirían o trazado dos eixes e encintados do recinto militar, asi coma as proxeccións ortogonais necesarias para o repranteo dos edificios campamentais. Por outro lado, o seu emprego en labores de construcción, mantemento e reparación da vía XVIII non ofrece dúbidas. Outros aparatos coma o "chorobate" empregaríanse coma complemento para a realización dos diversos traballos. O alto nivel técnico no coñecemento da topografía ponse de relevo no uso dun instrumental de tanta precisión. Chumbadas similares tamén as usaban os canteiros en diferentes etapas do desbastado e acabado dos bloques pétreos.
Con carácter excepcional, o rexistro arqueolóxico conservounos exemplos de "gromae", tanto no contexto militar coma civil. No campamento de Pfünz en Raetia, atopáronse os brazos e o pé dun destes instrumentos no interior dun graneiro. Outro similar atopouse na localidade italiana de Pompeya. En ambentes castrenses, é máis habitual o achádego destas chumbadas, coma as recuperadas de Atxa (Vitoria-Gasteiz, Álava), das fortalezas de Haltern e Oberaden ou do campo de batalla de Kalkriese (saltus Teutoburgensis) en Germania. Por outra banda, as estelas funerarias dalgúns agrimensores conservan representacións de gromae ou de chumbadas ("perpendicula").
Catalogación Núñez Sánchez, María del Pilar; Vega Avelaira, Tomás
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6