Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-670
Clasificación Genérica Documentos e publicacións
Objeto/Documento Libro
Autor/a Autor da Tábula ou Pinax: Cebes [Filósofo tebano del s. V a. C. , discípulo de Sócrates y Filolao. É un dos oradores do Fedón de PLatón.
Tres diálogos, o Hebdome, o Frínico e Pinax ou a Tabula, atribúense a él pola Suda e Diógenes Laercio.]
Gentil, Epicteto [ Epicteto (Hierápolis, 55 - Nicópolis, 135) fue un filósofo griego, de la escuela estoica, que vivió parte de su vida como esclavo en Roma. Hasta donde se sabe, no dejó obra escrita, pero de sus enseñanzas se conservaron en un Manual ou Enchiridion.]
Gravador: Pontius, Paulus [Debuxante e gravador ao buril, nacido en Amberes o 27 de maio de 1603, morto na mesma vila o 16 de xaneiro de 1638 (escola flamenca). Alumno de Osias Beet en 1616, de Lucas Vorsterman. Traballa con Rubens, e para el, de 1624 a 1631. Foi mestre en Amberes]
Vaenius, Otto [Gravador. Tamén coñecido como Otto van Veen. Pintor de Cámara de Alexandro Farnesio.]
Título Theatro Moral de la vida humana, en cien emblemas, con el Enchiridion de Epicteto, y la Tabla de Cebes, philosofo platonico. / Enchiridion de Epicteto Gentil, con ensayos de christiano; y la declaracion de la Tabla de Cebes philosopho thebano y platonico.
Materia/Soporte Papel
Técnica Gravado ao burel
Impresión tipográfica
Dimensiones Grosor = 26 cm; Altura = 38,30 cm; Anchura = 4 cm
Descripción Tres tomos nun volume, folio maior, 10 f., 207 p., 1 gravado despegable, 27 p., 4 h., 50 p., 1 f. Encadernación de época posterior, do século XIX, holandesa, con nervios no lombo, así como título e data de edición ("Theatro moral de la vida humana, 1733"). O volume divídese en tres partes, descritas individualmente a continuación:
Parte 1 (pp. 1-207):
Portada: Realizada a dúas tintas, vermella e negra, destaca a representación na mesma do emblema do impresor, unha ilustración de factura moi común na época. O título completo da portada: Theatro moral de la vida humana, en cien emblemas; con el Enchiridion de Epicteto, y la Tabla de Cebes, philosofo platonico. En Amberes, Por la Viuda de Henrico Verdussen. Año M. D. CCXXXIII. O emblema está situado entre o título e o pé de imprenta, de forma ovalada, representa a un león que apoia unha das súas patas nun escudo onde se ve o anagrama do impresor (Henrico e Cornelio Verdussen, coas súas iniciais), sobre o león hai unha cartela na que se le: Vis consili expers mole rvit sva. Esta escea está enmarcada por un óvalo de decoración tipicamente barroca, con rocalla e flanqueada por sendos anxos que portan libros e guirnaldas de froitas.
Gravados:
-Gravado a plana enteira, situado antes do comezo do texto da primeira parte, con retrato de "OTHO VAENIUS BATAVO-LVGDVNENSIS AETATIS SVAE LXXI". Talla dulce firmada (v. apartado firma).
-103 gravados en talla dulce dos Emblemata Horatiana de Otto van Veen:
LA VIRTUD ES IMMOVIBLE. p. 3
LA SCIENCIA PERFICIONA LA NATURALEZA. p. 5
LA EDUCACION MUDA COSTUMBRES. p. 7
LA FUERZA DE LA ENSEÑANZA. p. 9
LA VIRTUD PRESUPONE LA PUREZA. p. 11
VIRTUD ES HUIR DEL VICIO. p. 13
LA VIRTUD CONSISTE EN ACCION. p. 15
QUIEN NO COMIENZA, NO ACABA. p. 17
EL FRUTO ES LA GLORIA DEL TRABAXO. p. 19
LA VIRTUD CONSISTE EN EL MEDIO. p. 21
POR EL MEDIO IRAS SEGURO. p. 23
LA NATURALEZA REGLA EL APETITO. p. 25
LA DISCIPLINA CORRIGE EL PECCADOR. p. 27
EL SABER ES MAESTRO DE LA VIDA. p. 29
LA VIRTUD SE EXERCE, EN QUALQUIER ESTADO. p. 31
LA MEDICINA DEL ALMA ES LA QUE IMPORTA. p. 33
AMA LA VIRTUD POR SI MISMA. p. 35
TODO PODER SE SUJETA AL PODER SOBERANO. p. 37
NO EXCEDAS TUS FUERZAS. p. 39
VARIO ES EL CASTIGO DE LA IMPIEDAD. p. 41
LA PENA ACOMPAÑA, Y OPPRIME LA CULPA. p. 43
NADA ES COMPARABLE AL VERDADERO AMIGO. p. 45
LA BALANZA DE LA AMISTAD. p. 47
LA FIRME AMISTAD, ES QUERER, Y NO QUERER LO MISMO. p. 49
LA CONCORDIA ES INSUPERABLE. p. 51
LA LIBERALIDAD SUSTENTA LA AMISTAD. p. 53
NO HA DE ENFADAR EL VICIO DEL AMIGO. p. 55
EN CASA TOPO, Y EN LAS CALLES LINCE. p. 57
NADA MAS PROVECHOSO QUE EL SILENCIO. p. 59
LA EMBIDIA CAUSA INFINITOS MALES. p. 61
NADA DESSEA QUIEN TIENE LO QUE BASTA. p. 63
EXEMPLO DE LA TEMPLANZA. p. 65
DICHOSO EL QUE SE CONTENTA CON SU SUERTE. p. 67
LA BIENAVENTURANZA DE LA AGRICULTURA. p. 69
LA CUMBRE DE LA HONRA ES PELIGROSA. p. 71
LA EMBRIAGUEZ ENTORPECE EL INGENIO. p. 73
DE LOS DELEYTES SE SIGUE EL DOLOR, Y LA MISERIA. p. 75
EL PUEBLO PAGA LOS PECADOS DE LOS PRINCIPES. p. 77
LA SERVIDUMBRE DEL ESPIRITU. p. 79
PERPETUO ESCLAVO DEL PECCADO. p. 81
SOLO ES RICO QUIEN NADA DESSEA. p. 83
EL TEMOR DE LA MUERTE. p. 85
LA INQUIETUD DEL ENTENDIMIENTO. p. 87
LOS CUYDADOS SON INEVITABLES. p. 89
LAS INCOMODIDADES DE LA POBREZA. p. 91
EL SOBRADO TEMOR DE LA POBREZA OFFENDE LA LIBERTAD. p. 93
TODO OBEDECE AL DINERO. p. 95
EL DINERO LO DA TODO. p. 97
LA RIQUEZA APARTA DE SI LO BUENO Y LO HONESTO. p. 99
TODO LO PENETRA EL ORO. p. 101
LA FORTUNA NO MUDA EL LINAGE. p. 103
EL ANSIOSO CUYDADO DE RIQUEZAS. p. 105
EL INCURABLE MAL DE LA AVARICIA. p. 107
NADA REFRENA LA CODICIA DEL ORO. p. 109
EL AVARO, QUANTO MAS TIENE, MAS QUIERE. p. 111
EL AVARO NO GOZA DE SU HAZIENDA. p. 113
NACE UN VICIO DE OTRO VICIO. p. 115
EL AVARO SOLO HACE BIEN CON MORIR. p. 117
EL HEREDERO SUELE SER COMO EL BUYTRE. p. 119
VARIO ES EL DOMINIO DEL DINERO. p. 121
AL HOMBRE LIBERAL TODOS LE AMAN. p. 123
CADA QUAL CUMPLA CON SU OFFICIO. p. 125
NADIE SE CONTENTA CON SU SUERTE. p. 127
MUCHOS PRETEXTOS TIENE LA AVARICIA. p. 129
PEREGRINAR CON APROVECHAMIENTO. p. 131
EL ESTUDIO ES CAUSA DE LA TRANQUILIDAD. p. 133
EL DEMASIADO SUEÑO ALIMENTA LOS VICIOS. p. 135
MEDIANTE LA SABIDURIA. p. 137
LA SABIDURIA ES LIBRE. p. 139
NUNCA PIERDE EL SABIO SU TRANQUILIDAD. p. 141
LA INOCENCIA POR TODO ANDA SEGURA. p. 143
LA PACIENCIA VENCE LOS MALES. p. 145
LA BUENA CONSCIENCIA VALE POR MIL TESTIGOS. p. 147
HONESTA Y PUBLICAMENTE. p. 149
EL VIRTUOSO TRABAXO PIDE SU REPOSO. p. 151
EL SABIO NO HA DE SER SIEMPRE SEVERAMENTE SABIO. p. 153
DEL VINO SACA EL SABIO SU VIRTUD. p. 155
A LA MESA NO SE HAN DE TRATAR MATERIAS GRAVES. p. 157
LA VIRTUD ES EL BLANCO DE LA ENVIDIA. p. 159
LA GLORIA DE LA VIRTUD. p. 161
LA VIRTUD ES IMMORTAL. p. 163
LAS MUSAS ETERNIZAN. p. 165
CESSA LA EMBIDIA CON LA MUERTE. p. 167
BUELA EL TIEMPO IRREVOCABLE. p. 169
MUDANZE LOS TIEMPOS, Y NOSOTROS CON ELLOS. p. 171
ACOMODATE AL TIEMPO. p. 173
EL SABIO NO BUELVE A LLAMAR EL TIEMPO BIEN GASTADO. p. 175
QUE COSA MAS VELOZ QUE EL TIEMPO. p. 177
NADA AY ETERNO DEBAXO DEL SOL. p. 179
LA VERDADERA PHILOSOPHIA, ES PENSAR EN LA MUERTE. p. 181
VARIAS COMODIDADES DE LA VEGEZ. p. 183
NO TE ACONGOXES POR SABER LO VENIDERO. p. 185
SEGURO ESTA, QUIEN VIVIERE BIEN. p. 187
VIVAMOS DE MANERA, QUE NO TEMAMOS LA MUERTE. p. 189
CUYDE EL VIEJO DE LA FABRICA DE SU SEPULCRO, Y NO DE SU PALACIO. p. 191
LA HORA DE MORIR ES INCIERTA. p. 193
CON LA MUERTE TODO SE ACABA. p. 195
LA MUERTE A TODOS IGUALA. p. 197
LA CERTIDUMBRE DE LA MUERTE. p. 199
EL CAMINO DE LA MUERTE ES COMUN A TODOS. p. 101
LA MUERTE ES INEXORABLE. p. 203
ADVERTID QUE SOMOS POLVO. p. 205
lA MUERTE ES EL ULTIMO TERMINO DE TODO. p.207
As iniciais están decoradas con motivos vexetais.

Parte 2 (pp. 1-27): La Tabla de Cebes, philosopho thebano y platonico.
Gravado en dulce da Tabla de Cebes, con número xunto ás figuras alegóricas que se explicitan nos preliminares desta obra (na páxina inmediatamente anterior ao gravado). Ocupa o plego interior do bifolio anteposto ao cadernillo A. Non leva firma.
Iniciais decoradas igualmente.
Esta parte finaliza o seu texto coa representación dunha cornucopia, común no barroco.

Parte 3 (pp. 1-50):
Presenta portada en tinta negra co seguinte texto completo: Enchiridion de Epicteto Gentil, con ensayos de christiano; y la declaracion de la Tabla de Cebes philosopho thebano y platonico. // En Amberes, Por la Viuda de Henrico Verdussen. Año M.D.CCXXXIII. Nesta portada, variante do escudo dos impresores Henrico e Cornelio Verdussen, coas súas iniciais. León flanqueado por sendos anxos que porta na súa boca un pequeno escudo coas iniciais dos impresores.
Iconografia Alegoría do paso do tempo
Datación 1733
Contexto Cultural/Estilo Barroco
Lugar de Producción/Ceca Amberes (Antwuerp) (Amberes (provincia), Flandes)
Uso/función Alegoría do paso do tempo e do transcurrir da vida de cada ser humán coma unha peregrinaxe na terra e unha peregrinaxe interior; asimesmo, constitúese coma unha ensinanza das virtudes de cada persoa.
Clasificación Razonada A Tabla de Cebes, motivo principal dunha das partes do libro, foi atribuída a un filósofo tebano do século V a. C., discípulo de Sócrates, que intervén como personaxe no diálogo Fedón, de Platón, e por esa razón a lección de filosofía moral que se desprende da Tabla foi moi apreciada polos humanistas (que descoñecían o que hoxe sabemos, que Cebes viviu no século V a.C. e que a obra, aínda que redactada en grego, procede da época imperial romana). Esta é unha das numerosas versións que se fixeron do diálogo filosófico-moral escrito polo filósofo Cebes. A filosofía moral que contén o diálogo, derivada fondamentalmente do estoicismo, fixo que fose ben asumida polo cristianismo aínda que trasformando ás veces as figuras mitolóxicas que interveñen no diálogo.
Durante os séculos XVI e XVII, a Tabla de Cebes foi, xunto co Enchiridion de Epicteto, que moi a menudo a acompaña nas súas edicións, como neste caso, un dos libros manuscritos ou impresos máis estimados polos moralistas cristiáns e seguiu gozando de difusión no XVIII. O contido da Tabla e a forma en que estaba estructurada, como unha ékphrasis grega, invitou pronto a plasmar en ilustracións as imaxes alegóricas do diálogo en distintas técnicas e soportes; unhas veces en debuxos iluminados, outras veces en tapices, pinturas ou, con maior frecuencia, en gravados. Estes últimos soían acompañar ao texto, ben en forma de portada de libro ou como unha lámina despregable que representaba todo o contido da táboa. A contemplación das súas imaxes facilita a ensinanza das leccións morais do texto. Aínda que as versións en español difiren en detalles e nos nomes atribuídos ás figuras alegóricas, substancialmente, a Tabla de Cebes é un diálogo no que os personaxes comentan certo cadro situado no pronaos dun templo de Saturno e que constitúe unha alegoría da vida humana. (Texto sacado do artigo La Tabla de Cebes y los Sueños de Quevedo, de Sagrario López Poza, para ver o artigo enteiro ver a páxina de internet: http://cvc.cervantes.es/obref/satiras_quevedo/lopez_poza.htm)
A Tabla de Cebes constitúese asimesmo como un paradigma da alegoría da vida humana como unha peregrinación do home na terra. Así, seguindo o método alegórico, o diálogo mostra ao home como un peregrino na terra en busca sempre de fins e obxectivos ideais difíciles de conseguir e a través dun camiño cheo de obstáculos, eleccións, sufrimentos ou beneficios.
As diversas interpretacións do diálogo podían variar na súa forma e detalles, pero axustábanse todas a uns criterios básicos: un percorrido, xeralmente ascendente, no que sempre aparecen tres zonas amullaradas ata chegar á cima, símbolo da máxima Sabedoría, da Gloria e o Coñecemento. A entrada a este recinto faise con aspecto infantil e, a través do percorrido, o ser humano, a menudo ataviado como peregrino, vaise atopando coas representacións alegóricas da Fortuna, das malas e boas eleccións, das opinións ou os apetitos, e vai sufrindo castigos e atopando todo tipo de obstáculos, tanto físicos como morais.
O Humanismo rescatou este diálogo e representouno visualmente. A primeira vez de forma manuscrita no manuscrito Arundel (British Library) e como gravado foi Holbein o primeiro que o debuxou para unha edición da Xeografía de Estrabón. Ata o século XIX as edicións visuais da Tabla de Cebes (Tabula Cebetis) apareceron continuamente en diversas publicacións de primeira liña e de diversos temas, como por exemplo, no Novum Testamentum de Erasmus. Non obstante, a obra que con maior frecuencia a acompañaba foi o Enchiridion de Epicteto. Unha das edicións máis coñecidas desta Táboa gravada editouna Foppens en Bruxelas, en 1672 tomando a versión española de Ambrosio de Morales cos 103 emblemas de Horacio e a Táboa de Cebes realizada por Otto van Veen (Vaenius) pintor que foi discípulo de F. Zucchero e maestro de Rubens. A representación desta táboa era un camiño ascendente no que aparecen os homes percorréndoo con indumentaria de peregrinos. Moitos dos gravados horaciáns publicáronse por Verdussen e nas edicións posteriores Foppens engadiulles pequenos poemas e comentarios.
Outra característica pola que a Táboa de Cebes é importante e pola conexión que algúns estudosos plantexan sobre a súa relación co xogo da Oca, xogo de carácter simbólico no que quere tamén verse unha representación alegórica da vida do ser humano como peregrinación.
A literatura emblemática constitúese como unha peza central para entender o panorama cultural do Renacemento e o Barroco. O seu carácter abarcador de coñecementos e procedementos retóricos diversos convírtea en instrumento de comprensión dos demáis xéneros literarios e, dada a súa riqueza iconográfica e simbólica, tamén da plástica, a arquitectura e incluso as artes ornamentais.
Bibliografía PESQUERA VAQUERO, María Isabel. Theatro moral de la vida humana, en cien emblemas; con el Enchiridion de, Epicteto y la Tabla de Cebes, philosofo platonico. El viaje a Compostela de Cosme III de Médicis: Museo Diocesano, Santiago de Compostela, 15 octubre 2004 / 17 enero 2005, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez. Santiago de Compostela: Xunta de Galicia, S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2004. pp. 332-335.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Directa
Fecha de Ingreso 23/03/2004
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6