Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1529
Clasificación Genérica Actividade máxico-relixiosa
Objeto/Documento Ampola
Materia/Soporte Arxila
Técnica Moldeado
Dimensiones Ancho máximo = 5 cm; Altura = 7 cm
Descripción Peza cerámica de reducidas dimensións e forma circular, conta coa asa esquerda pero non se conserva a boca e faltalle a asa dereita. Decorada con figuración no anverso.
Iconografia San Menas
Datación 501=700
Contexto Cultural/Estilo Idade Antiga
Idade Media
Lugar de Producción/Ceca Exipto (África do Norte, África)
Uso/función Ritual, relixioso
Clasificación Razonada Estes pequenos frascos ou ampolas de peregrino eran utilizados na Antigüidade e a principios da Idade Media, para de volta á casa -como recordo ou amuleto- auga ou aceite das lámpadas que ardían nos santuarios visitados polos peregrinos. As ampolas podían ser de metal, de vidro ou de arxila como este caso.
Esta peza ten forma circular cunha asa na esquerda -falta a da dereita- e un pequeno pico. Conta con decoración figurativa, no círculo central aparece unha figura masculina, de vista frontal, cos brazos abertos e dous símbolos aos lados da cabeza, nos laterais moi esvaecidas dous figuras -camelos-, rodea a este círculo unha especie de gráfila de puntos e outro círculo en resalte.
A figura principal identifícase como San Menas, martirizado en Frigia durante o reinado de Diocleciano (século III) e venerado na basílica de Abu Mina, ao suroeste de Alexandría.
Este santo represéntase sempre na mesma postura: de pé, cunha túnica de manga curta, cinguida á cintura por un cinto, capa militar sobre os ombreiros e botas -ningunha das dúas perceptibles neste exemplar-, os brazos abertos e flanqueado por dous camelos axeonllados.
É un mártir emblemático na haxiografía cristiá exipcia, despois do martirio foi levado a Exipto e no traxecto os camelos que o levaban detíveronse de súpeto no deserto e axeonlláronse, os acompañantes de Menas interpretárono como un sinal e decidiron dar sepultura ao santo naquel lugar que acabou converténdose nun destino de peregrinación.
As ampolas de peregrino coa imaxe de San Menas floreceron nos séculos IV e V e posteriormente peregrinos de toda Europa compráronas e as difundiron.
A orixe desta peza estaría nas producións de olaría de Alexandría.
Supónse que os frascos de San Menas contían auga extraída no santuario do santo, presumiblemente obtida dunha fonte nunha praza columnada no sector norte da basílica, sector con casas de beneficencia e que era tamén a parte comercial del recinto. As dúas asas aos lados da boca servían para ser atravesadas por cordóns e colgar a ampola do pescozo.
En consecuencia, este tipo de pezas amosan que as peregrinacións relixiosas estaban ben establecidas xa na Antigüidade pagá e os primeiros cristiáns adoptarían este costume e xa realizaban peregrinacións ás tumbas de santos e mártires, así, consta que Exeria na súa peregrinación a lugares Santos en Exipto e Oriente, no século IV, recibiu "frascos sacros" dos monxes que proporcionaban hospitalidade aos peregrinos.
Forma de Ingreso Depósito por doazón
Fecha de Ingreso 03/06/2021
Catalogación Aneiros García, Roberto
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6