Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 4025
Clasificación Genérica 01.Maquinaria agrícola
Objeto/Documento sen obxecto
Título Motoaixada
Materia/Soporte metal
Técnica produción industrial
Descripción Motoaixada «AMA».
Máquina provista de asas para ser manexada por un único operario. Propulsada por un motor de explosión que emprega combustible fósil, vai montada sobre un chasis cunha transmisión en cadea que fai xirar unha toma de forza na que se pode empregar diferentes accesorios, ademais das propias rodas, polo que son máquinas moi versátiles.
Entre os accesorios, un eixe provisto de fresas que, ao rotar inserido na toma de forza, actúan sobre o terreo removéndoo, facendo de forma mecanizada diversos traballos de mantemento do viñedo (aireación, sobre todo e cava de inverno).
A ampla difusión da motoaixada en zonas vitícolas como O Ribeiro está en relación tanto coa versatilidade da máquina, como coa adaptación do seu tamaño e manexo ao tamaño das explotacións e aos patróns de plantación das vides.
Datación 2015
Descriptores Geográficos Zaragoza
Lugar de Procedencia Ribadavia (l)
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6