Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE006109
Clasificación Genérica Epigrafía
Objeto/Documento Ara
Tipología/Estado Votiva
Materia/Soporte Granito
Técnica Labrado
Dimensiones Altura = 71 cm; Anchura = 32 cm; Grosor = 32 cm
Descripción Bloque prismático de sección cadadra, bastante alterado superficialmente, o que dificulta a súa lectura, repicado nas súas molduras saíntes (salvo na parte traseira do pé e lateral dereito da peza) para reutilizalo na función construtiva que desempeñaba polo que apenas son recoñecibles. Na parte superior apréciase un fóculo de 13 cm de diamétro e un reafundido de 4 cm, advírtese tamén restos dos "pulvini" e doutros elementos que nas partes delanteira e posterior os unía -quizais a xeito de frontóns- e formaban un bloque cadrado arredor do focus. O lado esquerdo está roto cun esmoucado que dende a cabeza alcanza ata a metade da altura do campo epigráfico, mutilando parcialmente a inscrición. No lateral dereito hai un descascado producido polo veteado do material de base.
Na peza destácase unha cabeza, formada por elementos xeométricos moi raídos, de 10 cm de altura, e a base destaca tamén lixeiramente nunha altura similar, percibíndose mellor a forma, como se sinalou, na parte traseira, mellor conservada
Inscripciones/Leyendas Cicelado, Capital, latín, Votivo
APER. V / ICI. FIL / REVE. SI / OICO / V. S. L. M. (APER. V(r) / (s) ICI. FIL / REVE. SI(b) / OICO / V(otum). S(olvit). L(ibens). M(erito).
Aper, fillo de V(rs)ico, dedicou de boa gana un voto a Reva Siboico. (Fariña Busto, F. C.E.G., 1991, 60). A inscrición está distribuída en cinco liñas de desigual lonxitude pero homoxéneas en altura. Altura das letras: 1.1: 5; 1.2: 5; 1.3: 5; 1.4: 6,5; 1.5: 6. Están relativamente ben interliñadas (1,5-2))
Contexto Cultural/Estilo Imperio Romano
Uso/función Votiva
Lugar de Procedencia Castromao (Castromao, Celanova)
Lugar Específico/Yacimiento Rectoral
Bibliografía Fariña Busto, F. Dos notas a propósito de Castromao (Celanova, Ourense). Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1991, pp. 57-71, Lám. 1; XXXIX, fasc. 104. Disponible en: <http://estudiosgallegos.revistas.csic.es/index.php/estudiosgallegos/article/view/317/323> Consulta: 02/02/2017.

RODRÍGUEZ COLMENERO, A. Aquae Flaviae. I. Fontes epigráficas da Gallaecia meridional interior. Chaves: 1997. p. 139, nº116; Q(uintus) Per(ennius) V / aeci fil(ius) / Reve Te / b-ieco (s(olvit) / v(otum) l(ibens) m(erito).
Quintio Perenio, fillo de Vaeco, dedicou este altar a Reve Teibieco con ánimo pracenteiro.; Cámara Municipal de Chaves.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 30/01/2009
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6