Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario 622
Clasificación Genérica Mobiliario cultual común; Mobiliario asociado ao altar e a súa contorna; Artes plásticas; Pintura
Objeto/Documento Frontal de altar
Autor/a Taller leridano [Segundo o investigador Jaume Barrachina non parece que se poida adscribir tampouco esta obra ao grupo de estucadores de Lleida- Barbastro, da zona da Noguera.]
Materia/Soporte Madeira
Técnica Policromado
Dimensiones Altura = 102 cm; Anchura = 145 cm
Descripción Dentro dun marco perimetral ornamentado con flores cuadrilobuladas aparecen representadas, en dous niveis superpostos, esceas relativas á vida de san Martiño de Tours. Seguindo a narración haxiográfica, a orde de lectura debe iniciarse no rexistro inferior e de esquerda a dereita, facéndose especialmente dificultosa pola xustaposición dos episodios sen ningún elemento que os delimite ou diferencie, aparecendo como un friso corrido con tres escenas en cada un dos niveis sinalados. Deste xeito, represéntase o santo no momento en que parte a capa para compartila co pobre, a continuación, sentado na cadeira acompañado por dúas figuras no momento en que é nomeado bispo, e celebrando a coñecida "misa de san Martiño". Na parte superior preséntase o milagre da curación dun cego, logo a disputa do santo con Satanás e, finalmente, a recreación do seu enterramento.
Iconografia San Martiño de Tours; Símbolos xacobeos
Datación 1276=1300 [Repintado ca. 1930-1934]
Contexto Cultural/Estilo Románico
Lugar de Producción/Ceca Lleida (m) (Segrià (comarca), Lleida (p)) [V. nota do campo Autor/Taller]
Uso/función Devocional. Frontal de altar ou antipendium. Elemento decorativo que se utilizou especialmente na Alta Idade Media, xa dende o s. IV, para cubrir a parte anterior e os laterais dos altares. Ao principio cubríronse de telas bordadas, tapices e metais preciosos; no s. XVII incluso de guadamecís e cordobáns. En Cataluña, na Idade Media fóronse construíndo especialmente de madeira mostrando sempre esceas bíblicas ou imaxes simbólicas cristiás.
Descriptores Geográficos Tours; Lleida (m)
Lugar de Procedencia Lleida (m)
Lugar Específico/Yacimiento Sta. María de Palau de Rialb
Historia del Objeto <EXPOSICIONS>: Romei e Giubilei. Il Pellegrinaggio medievale a San Pietro (350-1350), Roma, Palazzo Venezia, 29 outubro de 1999 a 26 de febreiro de 2000.

Hai constancia de que pertenceu á colección Junyer (Barcelona), familia de coleccionistas e falsificadores, quenes o compraron no ano 1930. Sufriu varias intervencións sen que poida precisarse con exactitude onde, aínda que se pensa que afectaron, sobre todo, á capa pictórica e a algúns aspectos iconográficos, entre eles á imaxe do san Martiño barbado. O bo aspecto epidérmico é debido, segundo os investigadores, á autenticidade da peza. Por outra parte, Cook (1954) nun estudo monográfico refire que José Bardolet o vira in situ nesa época e que, aínda que lle faltaba toda a policromía, si conservaba os trazos incisos da composición. Por tanto, a policromía sería o único producto dunha ulterior intervención mentres que o resto da obra sería auténtica.
Clasificación Razonada O frontal amosa as características propias da pintura románica: predominio da simetría e da composición xustaposta, acusada bidimensionalidade pola ausencia de profundidade, predominio do debuxo fronte a cor, que se aplica de forma plana, sen gradacións, e xeometrización antinaturista das formas e certa incoherencia global do estilo.
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |
 
 
 
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura y Deporte Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6