Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-476
Clasificación Genérica Documentos e publicacións; Documentos
Objeto/Documento Bula
Título Bula do papa Gregorio XIII pola que se lle concede indulxencia plenaria in articulo mortis ós enfermos, peregrinos e demais membros do Hospital do Rei de Burgos fundado por Afonso VIII.
Emisor/a Gregorio XIII (E)
Materia/Soporte Pergameo
Técnica Manuscrito
Dimensiones Altura = 40 cm; Anchura = 66 cm
Descripción Bula en pergameo manuscrita do papa Gregorio XIII pola que se concede indulxencia plenaria "in articulo mortis" aos enfermos, peregrinos e demais membros do Hospital do Rei de Burgos. Está escrita en latín e decorada cunha orla vexetal pola banda superior esquerda. Conserva o selo de chumbo pendente dun cordón entrelazado e rematado nunha borla.
Datación 13/02/1574 (1574, febreiro, 13)
Contexto Cultural/Estilo Renacemento [Renacemento]
Lugar de Producción/Ceca Cidade do Vaticano (Estado da Cidade do Vaticano, Vaticano)
Uso/función Documento papal para o perdón dos pecados in articulo mortis dos que morreran no recinto do Hospital do Rei de Burgos.
Descriptores Onomásticos Gregorio XIII (D)
Descriptores Geográficos Burgos; Cidade do Vaticano
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: Un museo en crecemento. Adquisicións 1996-2001. Museo das Peregrinacións e de Santiago. 17 de decembro de 2001 ao 5 de maio de 2002. -O Hospital Real de Santiago de Compostela e a hospitalidade no Camiño de Santiago. Museo do Pobo Galego-San Domingos de Bonaval, Santiago de Compostela, do 13 de xullo ao 29 de agosto de 2004.
Clasificación Razonada O Hospital do Rei de Burgos constitúe unha das obras arquitectónicas máis importantes do Camiño de Santiago e o maior de todos os construídos na ruta xacobea. A súa fundación debeuse ao rei Afonso VIII aínda que se descoñece a data exacta, se ben esta bula sitúaa nun momento posterior á vitoria do monarca nas Navas de Tolosa, en 1212. No documento tamén figura de maneira explícita o Padroado Real sobre a institución. Esta estreita relación entre a Casa Real, o mosteiro das Huelgas e o hospital manterase cos sucesores Fernando III e Afonso X.
Desde a súa orixe, a administración monacal estaba en mans dun comendador, doce freires e oito freiras pertencentes á orde do Císter gozando dunha intensa actividade que levou a dotalo de señorío. Entre as súas función máis destacadas estaba a de ofrecer asistencia hospitalaria aos peregrinos que acudían a Compostela a visitar a tumba do Apóstolo, os cales podían permanecer nel ata tres días durante os que se lles daba a alimentación necesaria para a súa subsistencia. Outra das tarefas dos membros da comunidade era o coidado dos enfermos, para o cal se dispoñía de dúas enfermerías e dúas hospedarías para homes e mulleres.
No século XVI o centro asistencial estaba en pleno funcionamento contando, incluso, con confesores en todas as linguas para os peregrinos. Precisamente, esta bula vén a testemuñar a indulxencia plenaria que lles concedía in articulo mortis -ao igual que a comendadores, ministros, capeláns e aos habitantes do Compás-, isto é, a remisión total da pena temporal debida polos pecados, en caso de falecer no hospital.
Bibliografía JUSTO MARTÍN, María José. Bula do papa Gregorio XIII pola que concede indulxencia plenaria in aticulo mortis aos enfermos, peregrinos e demais membros do Hospital do Rei de Burgos fundado por Afonso VIII. O Hospital Real de Santiago de Compostela e a hospitalidade no camiño de peregrinación: [catálogo da exposición celebrada en] Museo do Pobo Galego, Santiago de Compostela, 14 xullo - 29 agosto, 2004, coordinada por Marcelina Calvo Domínguez. Santiago de Compostela: S.A. de Xestión do Plan Xacobeo, 2004. pp. 214-215.

JUSTO MARTÍN, María José. Bula do papa Gregorio XIII pola que concede indulxencia plenaria in aticulo mortis aos enfermos, peregrinos e demais membros do Hospital do Rei de Burgos fundado por Afonso VIII. Un museo en crecemento: Museo das Peregrinacións, adquisicións 1996-2001: exposición conmemorativa do 50 aniversario da creación do museo, coordinación Mª Isabel Pesquera Vaquero. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 2001. pp. 274-277.
Forma de Ingreso Depósito por compra. Tenteo
Fecha de Ingreso 11/07/2001
Catalogación Pesquera Vaquero, Mª Isabel
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6