Museo |
Museo Etnológico de Ribadavia
|
Inventario |
0147
|
Clasificación Genérica |
02.Manufactura téxtil; 03.OFICIOS
|
Objeto/Documento |
espalladeira
|
Materia/Soporte |
madeira
|
Técnica |
produción artesanal
|
Dimensiones |
Alto = 13,60 cm; Ancho = 2,20 cm; Profundidade = 37,50 cm
|
Descripción |
Peza formada por unha lámina e un mango. A lámina é ancha, a modo de folla, de sección triangular, cun fio bifacial na parte inferior, roma na parte superior; presentando, no extremo distal, cóncavo, un fio bifacial transversal ó eixe da peza; na parte proximal ten un engrosamento nunha das caras, delimititada mediante rebaixe oblícuo; a superficie da folla está atravesada, na súa parte central, por dúas series lineais de seis perforacións cadradas cada unha. Da parte superior do extremo proximal, sae, sen solución de continuidade, un vástago de sección elipsoidal, rematado nun tope robusto en forma de pico de ave.
Nunha das caras presenta, a lápis, dúas liñas paralelas lonxitudinais e oito paralelas e perpendiculares ás anteriores, coincidindo estas cos eixes das series de perforacións, agás dúas; como si tiveran sido empregadas para guia-las perforacións.
Trátase probablemente dunha espadela reutilizada.
Lonxitude máxima da peza: 37,5cm
Ancho máx. da folla: 13,6cm
|
Uso/función |
Téxtil: Proceso de transformación: Tecido: Urdido.
Cada un dos fíos da urdime faise pasar polo correspondente orificio.
Este útil facilita o traballo da preparación da urdime na urdidoira, ao manter os fíos separados e organizados.
Usos: tecelá
|
Lugar de Procedencia |
Lobeira (Baixa Limia (comarca))
|
Lugar Específico/Yacimiento |
Lobeira
|
Historia del Objeto |
´Xaquín Lorenzo Fernández (1907-1980). Vida e obra´. 20040706_20040902. Organiza: MuPoGa, MAPOu, MER. MER, sala de exposicións, vitrina.
|
Bibliografía |
LORENZO, Xaquín. Etnografía. Cultura Material, en Historia de Galiza, vol. II, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Akal, 1979. 663-664.
|
Catalogación |
Fernández Bal, María Luisa
|