Museo Museo Etnológico de Ribadavia
Inventario 0582
Clasificación Genérica 02.Vinicultura; 02.MANUFACTURA
Objeto/Documento moxega
Materia/Soporte madeira
Técnica produción artesanal
Dimensiones Alto = 46 cm; Ancho = 46 cm; Profundidade = 100,50 cm
Descripción Recipiente de madeira con forma de tronco de pirámide. Presenta dúas asas laterais de madeira para facilitar o seu transporte e elevación (dunha delas pendura un fragmento de cordel). A base amosa na cara exterior unha abertura cuadrangular, rematado por sendas pezas de madeira cóncavas. No interior da base, e adaptada á abertura da mesma, descansa unha táboa plana percorrida por múltiples furados que serve coma coador.
Inscripciones/Leyendas Nunha das caras.
V.R.
Datación 1901=1950 (Primeira metade S.XX)
Uso/función Emprégase no proceso do pisado das uvas.
A abertura cuadrangular encáixase na boca das cubas, adaptándose as pezas cóncavas que a flanquean ó perfil das mesmas. Acto seguido baléiranse sobre o recipiente as uvas, transportadas polos carrexóns nos culeiros. Unha persoa, xeralmente un rapaz (pisón), dispúñase no interior da moxega, comezando deste xeito o pisado.
No caso do viño tinto, o coador retírase de cando en vez, deixando que o bagaño pase á cuba, onde fermentará co mosto. Cando se elabora viño branco, o coador debe permanecer no interior da moxega ate o remate do pisado.
Lugar de Procedencia Ribadavia (Ribeiro (O) (comarca))
Clasificación Razonada Outros nomes empregados para referirse a esta peza son os de moega (posible castelanismo) e embude, optando por moxega ó consideralo máis xenérico.
A partires de 1930 a tipoloxía da moxega cambia, ó se lle asociar a estrulladora.
Esta peza corresponde á tipoloxía orixinal, xurdindo o problema da súa datación. Datala a finais do século XIX , ou primeiro terzo do século, XX sería bastante arriscado, xa que a irrupción da estrulladora non tivo porque supoñer a drástica desaparición das moxegas. Parece máis acertado circunscribir o obxecto a unha cronoloxía ampla, en concreto á primeira metade do século XX, deixando constancia das outras posibilidades.
Bibliografía LORENZO, Xaquín. Etnografía. Cultura Material, en Historia de Galiza, vol. II, dirixida por Ramón Otero Pedrayo. Akal, 1979. 237.

SIERRA RODRÍGUEZ, Xosé Carlos. O Ribeiro. O viño da cultura, a cultura do viño. Pontevedra (comarca): Mirabel Editorial, S.L., 2001. 243; Esquerda:moxega.Centro:coador na apertura da moxega.Dereita:detalle do coador..
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 09/1986
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6