Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE002955
Clasificación Genérica Escultura
Objeto/Documento Escultura
Título Cabeza de verrón
Materia/Soporte Granito
Técnica Labrado
Dimensiones Anchura = 17 cm; Grosor = 20 cm; Lonxitude = 74 cm
Descripción Bloque prismático coa cabeza dun porco ou verrón labrada nun dos seus extremos. Unha moldura circular lisa, a modo de coleira, delimita o pescozo do animal, separando a cabeza do resto do bloque que, algo escadrado, iría encaixado nun paramento.
A calidade da labra, aínda dentro da súa tosquedade e dunha rotura no borde esquerdo da boca marcada por un risco profundo e continuo, é excepcional en relación con outras pezas deste xénero, expresando fielmente os detalles da testa. As orellas, simétricas, están formadas por dous avultamentos anchos e alongados que caen a ámbolos lados da cabeza; os ollos consisten en dúas pequenas incisións lonxitudinais e a boca- máis claramente visible no lado dereito, por estar o esquerdo crebado na parte inferior- é unha fisura ao longo do fuciño que remata nos dous furados nasais.
Datación 1=100 (Século I d. C.)
Contexto Cultural/Estilo Galaico-romano
Lugar de Procedencia Bembibre (Santo André)
Lugar Específico/Yacimiento Eirexario
Clasificación Razonada A significación deste tipo de pezas foi e segue a ser discutida. Os diversos investigadores propoñen distintas finalidades que van dende aqueles que defenden un valor apotropaico en relación coa protección do gando, ou outros que sinalan o seu uso funerario, constatado nalgúns exemplares que presentan inscricións latinas de dito carácter. Tal distinción deu lugar ao establecemento de dous tipos, diferenciados en canto á funcionalidade e á cronoloxía, considerándose os primeiros anteriores aos segundos.
Os poucos exemplares galegos, todos eles cabezas para ser encaixadas, parecen falar dunha concepción diferente con respecto aos verracos meseteños e transmontanos de cuxo influxo cultural provirían, segundo diversos estudosos como Taboada ou Cuevillas, e practicamente todos os que tratan do asunto con posterioridade ao examinar o tema que clasifica aos verracos como parte do grupo trasmontano, no Noroeste, para de seguido clasificalos como unha introdución céltica, cun valor significativo diferentes ao que teñen en si os verracos considerándoas posteriores aos grupos da meseta do círculo de Cogotas, como propios dos primeiros tempos da romanización.
Tan só Calo Lourido establece matices diferenciadores. A opinión de autores como Calo, que sitúa a cabeza de Eirexario fóra dos límites do castrexo e como peza dunha calidade excepcional con respecto a todas as coñecidas, é que non hai de partida, ningún tipo de paralelismo nin na plasmación escultórica, nin no seu significado.
A cabeza, se ben foi localizada na parede dunha casa como elemento decorativo, non obstante, polas informaciósn coñecidas, ata alí sería levada desde o inmidiato castro da Vila da Sen. Xacemento que se localiza próximo, non só ao pobo de Bembibre, senón tamén a explotación aurífera romana das Borreas de Caldesiños, asentada nun esporón que xorde a media ladeira da Cima da Cruz, e onde, en superficie, ademáis de fragmentos de tégulas localízanse tamén cerámica común romana con engobe vermello. O contexto da peza peza semalla, polo tanto, galaico-romano
Bibliografía Crónica del Museo. Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. 1947, III. p. 133.

FARIÑA BUSTO, F. Cabeza dun verrón. Bembibre. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 02/2003. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2003_02_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.

LÓPEZ CUEVILLAS, F. Esculturas zoomorfas y antropomorfas de la cultura de los castros. Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1951, pp. 177-203; VI.

LÓPEZ CUEVILLAS, F. La civilización céltica en Galicia. Madrid: Ed. Istmo, 1989. pp. 153 e 258-259.

LÓPEZ CUEVILLAS, F. Prehistoria. 1973. pp. 443-446; Historia de Galicia (dir. por Otero Pedrayo), vol. III, Buenos Aires.

LÓPEZ MONTEAGUDO, G. Relaciones entre la cultura de los verracos y la cultura castreña. Trabajos de Prehistoria. 1986, 43. p. 215.

LÓPEZ MONTEAGUDO, G. Esculturas zoomorfas celtas de la Península Ibérica. 1989. p. 91, nº 160; Anejos. Archivo Español de Arqueología, X, Madrid.


LÓPEZ MONTEAGUDO, G. Expansión de los verracos y características de su cultura. Madrid: 1983. p. 495, nº 121.

OSABA Y RUIZ DE ERENCHUN, B. Museo Arqueológico de Orense: De la Memoria. Memorias de los Museos Arqueológicos Provinciales. Madrid: 1947, VIII.p. 148.

PIÑEIRO CASTIÑEIRAS, S. El arte romano en Valdeorras. 1988. pp. 88-89; IIª semana de Historia de Valdeorras (Época pre-romana y romana), Cuaderno monográfico 6, Instituto de Estudios Valdeorreses, Ourense.

SANTOS JUNIOR, J. R. Dos. A Cultura dos Berroes no nordeste de Portugal. Trabalhos de Antropologia e Etnologia. 1975, XXII.p. 358.

SILVA, Mª. Subsidios para o estudo da arte castreja. A cultura dos Berroes: ensaio de síntese. Revista de Ciencias Históricas. Porto (I): 1988, p. 73.

TABOADA CHIVITE, J. El castro de Florderrey Vello y sus interesantes hallazgos. Boletín del Museo Arqueológico Provincial de Orense. 1946, II. p. 42.

TABOADA CHIVITE, J. Esculturas de verracos en Galicia. Archivo Español de Arqueología. 1948, 72. pp. 291-294.

TABOADA CHIVITE, J. La cultura de los verracos en el Noroeste Hispánico. Cuadernos de Estudios Gallegos. Santiago de Compostela: 1949, IV. p. 9.

TABOADA CHIVITE, J. Escultura celto-romana. 1965. Cuadernos de Arte Gallego, nº 3, Editorial Castrelos, Vigo.

VÁZQUEZ VARELA, J. M. Arte prehistórica. 1993. p. 204; Arte prehistórica e romana, Galicia Arte, IX, Hércules, A Coruña.

VV.AA.. Cántabros, astures y galaicos. Bimilenario de la conquista del Norte de Hispania. Madrid: Ministerio de Cultura, 1981. pp. 32-34.

VV.AA.. Na procura do pasado. Orixe e desenvolvemento da arqueoloxía en Ourense. Ourense (l): Xunta de Galicia, 2017. p. 103.

XUSTO RODRÍGUEZ, M. Territorialidade castrexa e galaico-romana na Galicia suroriental: a terra de Viana do Bolo. Ourense (l): Grupo Marcelo Macías. Museo Arqueolóxico Provincial, 1993. pp. 84-85 e 178-179; Boletín Auriense, Anexo 18.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 16/05/1947
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: José Manuel (Mani) Moretón Brasa

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6