Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1428.2784/2437
Clasificación Genérica Utensilios de enganche, suxeición e unión; Obxectos de equipamento doméstico: mobiliario
Objeto/Documento Charnela
Materia/Soporte Bronce
Técnica Fundición a molde
Fundición
Incisión
Dimensiones Altura = 3,50 cm; Longo = 3,10 cm; Grosor = 0,80 cm
Descripción Bisagra ou charnela de bronce. Trátase dunha placa dobrada sobre sí mesma e posiblemente unida mediante soldadura. Parte do seu interior está oco, lugar onde conserva a materia orgánica (posiblemente coiro). A superficie exterior componse de dúas partes, unha de trazo curvo e outra de perfil plano, ambas con decoración.
Iconografia Superficie exterior.: Xeométrica
Datación 1255[ca]-1466[ca]
Contexto Cultural/Estilo Baixa Idade Media
Uso/función Complemento de mobiliario
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Castelo da Rocha Forte
Clasificación Razonada Bisagra ou charnela de bronce. Trátase dunha placa dobrada sobre sí mesma e posiblemente unida mediante soldadura. Parte do seu interior está oco, lugar onde conserva a materia orgánica (posiblemente coiro). O seu exterior é a parte máis destacada, componse de dúas partes, unha que sobresae e ten perfil redondeado onde atopamos decoración composta por trazos rectilíneos realizados mediante incisións. A parte restante, e de perfil plano onde atopamos dous motivos decorativos iguais en diagonal, de trazos rectilíneos realizados mediante incisión. Podería ser unha bisagra ou adorno de libro ou, quizais, dalgún tipo de caixa ou cofre de ebanistería (Bóveda Fernández, 2013: 111).
O contexto arqueolóxico no que se enmarca esta peza é o Castelo Medieval da Rocha Forte a poucos quilómetros da cidade de Santiago, fortaleza militar baixomedieval e complexo residencial do arcebispo, señor das terras de Santiago. Construído en 1255 polo prelado Juan Arias e remodelado posteriormente en diversas ocasións. Esta fortaleza será finalmente destruída en 1466 tras a revolta Irmandiña.
Os obxectos elaborados en bronce recuperados na intervención arqueolóxica levada a cabo no ano 2013 (Bóveda Fernández), contan cunha boa representatividade. A súa funcionalidade é diversa e moi heteroxénea. Atópanse elementos propios da indumentaria (apliques, alfinetes, tacholas e fibelas) con decoración moi traballada, tiradores e elementos como o presente fragmento de bisagra / charnela decorada. Son esta clase de obxectos traballados e de materiais de boa calidade os que nos transmiten a existencia dun certo ambiente de prestixio e poder vinculados á mitra compostelá (César Vila, 2013: 40).
BIBLIOGRAFÍA:
- BÓVEDA FERNÁNDEZ, Mª José (2013): Intervención arqueolóxica no Castelo de A Rocha Forte. Memoria de escavación.
- CÉSAR VILA, Mario, coord.(2013): Rocha Forte, Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación, Concellaría de Desenvolvemento Urbano e sostible, Concello de Santiago.
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Escavación
Fecha de Ingreso 22/11/2013
Catalogación del Río Canedo, Verónica; Mejuto García, Jennifer
| más imágenes |
 
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v48.1 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6