Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE000380
Clasificación Genérica Escultura
Objeto/Documento Díptico
Materia/Soporte Marfil
Técnica Relevo
Dimensiones Anchura = 5 cm; Grosor = 0,70 cm; Altura = 8 cm
Descripción Trátase dunha pequena placa de marfil de cor branca brilante no anverso e amarelenta, pola acción da luz e a temperatura, na que está representada a Virxe gloriosa co Neno. A escena desenvólvese dentro dun espazo sacro con todo os elementos que caracterizan á arquitectura gótica. A Virxe María co Neno, amparada por dous acólitos que portan cálices, a modo de parteluz, dividen a escena como nas portadas góticas, mentres que un friso de dobre arcada oxival con decoración de gabletes, crochets e pequenos pináculos acubillan as imaxes como se dunha catedral gótica se tratase. Baixo ésta, completando a escena, dous anxos turiferarios perfuman con incienso ó espazo.
A figura de María, pese ás súas reducidas dimensións, amósanos toda a súa humanidade, como unha nai real e íntima, sorrí ao Neno mentres inclina a cabeza para que este, coma un neno de verdade xogue cos seus cabelos. Non só é humana a súa actitude senón que o seu corpo, abaneándose lixeiramente, deixa caer o manto en elegantes pregues que recolle por debaixo do Neno, no seu brazo esquerdo.
A escena está enmarcada por un pequeno listón liso, conservando nun dos seus lados as fendeduras de dúas fallebas, a inferior parcialmente rota, signo inequívoco da súa condición de folla dun díptico.
Iconografia Virxe co Neno
Datación 1301=1400
Contexto Cultural/Estilo Baixa Idade Media
Lugar de Producción/Ceca Francia (Europa)
Lugar de Procedencia Ourense (l)
Clasificación Razonada Este tipo de placas, moi abondosas entre os séculos XIII e XIV, son consecuencia dos cambios sociais e económicos da Europa da Alta Idade Media. Paulatinamente, e a medida que avanza o século XIII, xa consolidados os valores creativos da escultura monumental gótica, asistimos ao auxe dunha arte de pequenas dimensións, luxosa e delicada, produto dunha nova mentalidade.
Seguindo a magnífica obra de Raymon Kloechin asignamos á obra unha serie de plaquetas con escenas sinxelas baixo arquerías simples ou complexas, realizadas en Francia e distribuídas por toda Europa, clasificándoas segundo a complexidade das súas arquitecturas, sendo as máis modernas aquelas que presentan arquerías máis complexas. Así, pola categoría das persoas que tiveron a oportunidade de estudala, pola temperá data do seu ingreso cremos que é unha peza orixinal de mediados do século XIV adscrita ao taller dos dípticos con arquitecturas complexas.
Bibliografía COMISIÓN DE MONUMENTOS DE ORENSE. Noticias. Boletín de la Comisión Provincial de Monumentos Históricos y Artísticos de Orense. Ourense (l): 1902-1905, 34. p. 188.

COMISIÓN DE MONUMENTOS DE ORENSE. Libro de Actas. Comisión de Monumentos de la Provincia de Orense. 19/5/1895-3/3/1944. p.83. Sesión ordinaria de 10 de enero de 1904

VEIGA ROMERO, A. M. Virxe Gloriosa. Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 02/2004. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2004_02_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017.
Forma de Ingreso Doazón
Fecha de Ingreso 10/01/1904
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6