Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1428.2784/2650
Clasificación Genérica Material orgánico; Obxectos de uso persoal: indumentaria
Objeto/Documento Doa
Materia/Soporte Espiña de pez
Técnica Pulido
Dimensiones Diámetro = 2,50 cm
Descripción Doa de forma redondeada con perforación central elaborada sobre vértebra de peixe. Presenta ampliación do orificio medular para a súa su utilización como doa, conta ou fusaiola.
Datación 1255[ca]-1566[ca]
Contexto Cultural/Estilo Baixa Idade Media
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Castelo da Rocha Forte
Clasificación Razonada Doa de forma redondeada con perforación central elaborada sobre vértebra de peixe. A análise zooarqueolóxica realizada ós restos orgánicos da Rocha Forte determina que estamos ante unha vertebra de Condrictio (Bejega García, González Gómez de Agüero, Fernández Rodríguez, 2013: 19) modificada pola acción antrópica mediante a ampliación do orificio medular para a súa su utilización como doa, conta ou fusaiola (Bejega García, González Gómez de Agüero, Fernández Rodríguez, 2013: 19).
O contexto arqueolóxico no que se enmarca esta peza é o Castelo Medieval da Rocha Forte, situado a poucos quilómetros da cidade de Santiago, fortaleza militar baixomedieval e complexo residencial do arcebispo, señor das terras de Santiago. Construído en 1255 polo prelado Juan Arias e remodelado posteriormente en diversas ocasións. Esta fortaleza será finalmente destruída en 1466 tras a revolta Irmandiña.
A presenza de elementos orgánicos procedentes de ambientes costeiros no xacemento da Rocha Forte non é de estrañar, pois a súa estratéxica posición controla as vías de entrada dende as Rías Baixas á cidade de Santiago (César Vila, 2013: 45). As rías de Arousa e Pontevedra constituían por aquel entonces o porto de entrada dos produtos que se comerciaban por mar (César Vila, 2013: 45).
Polo que respecta os restos orgánicos de moluscos o xacemento da Rocha Forte conta cunha boa representación de especies coma a ostra, ameixa e mexillón (César Vila, 2013: 42). Os restos de ictiofauna están representados basicamente por pescada e congro (César Vila, 2013: 42), como é o exemplo de reutilización da presente peza. O comercio destas especies está testemuñado nas fontes escritas, onde parece constar que chegaría dende o porto de Rianxo (César Vila, 2013: 46). A presenza de este tipo de restos, tanto as vértebras de pescada como de congro, evidencian o consumo de pescado fresco, alimentos de certo luxo que non estaban o alcance para o común da xente (César Vila, 2013: 48), remitíndonos a un certo ambiente de prestixio vinculado á mitra compostelá.
BIBLIOGRAFÍA:
BEJEGA GARCÍA, Víctor; GONZÁLEZ GÓMEZ DE AGÜERO, Eduardo; FERNÁNDEZ RODRÍGUEZ, Carlos (2013): "Análisis zooarqueológico e industria ósea de A Rocha Forte (Santiago de Compostela - A Coruña). Informe preliminar", Universidad de León; en BÓVEDA FERNÁNDEZ, Mª José (2013): Intervención arqueolóxica no Castelo de A Rocha Forte. Memoria de escavación.
BÓVEDA FERNÁNDEZ, Mª José (2013): Intervención arqueolóxica no Castelo de A Rocha Forte. Memoria de escavación.
CÉSAR VILA, Mario, coord. (2013): Rocha Forte, Oficina da Cidade Histórica e Rehabilitación, Concellaría de Desenvolvemento Urbano e sostible, Concello de Santiago.
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Escavación
Fecha de Ingreso 22/11/2013
Catalogación del Río Canedo, Verónica
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6