Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1224
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado Doméstica
Autor/a Monxes de Meteora
Título Eloxio á Virxe María
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón escuro
Tea
Preparación
Elementos sustentados: Ouro Dourado
Témpera [Cores: vermello, verde, azul, branco, marrón e negro]
Técnica Dourado
Pintura a man alzada
Talla [Berce]
Pintura á témpera
Dimensiones Icona: Profundidade = 2,70 cm; Altura = 30,90 cm; Anchura = 23,50 cm
Descripción Icona rectangular con fondo dourado onde se representa á xenealoxía da Virxe. A peza leva un marco gravado na mesma madeira e coa mesma cor de fondo.
A Virxe María aparece no centro sentada nun trono que está encima dunha vide. Sostén ao Neno Xesús, que bendí coa man dereita, mentres que María sinálao coa mesma man. A Virxe leva un "maphorion" vermello con decoración dourada nos bordos. Pódeselle ver ademais na testa e nos ombreiros a tripla cruz en forma de estrela, antigo símbolo sirio da virxindade antes, durante e despois do parto. Debaixo do "maphorion" pode apreciarse unha túnica de cor verde. O Neno leva un "himation" dourado e por debaixo deste unha túnica branca. Ambos os dous, Nai e Fillo, levan nimbo. Sobre o de María pode lerse MP OV ("Nai de Deus") e no de Xesús, cunha cruz inscrita, O W N ("El que É").
Ao redor da Virxe, sobre as pólas da vide, hai doce profetas representados de medio corpo; todos eles portan filacterios. Os da esquerda comezando pola zona superior serían: Xacob, quen leva unha escaleira, Xeremías, Sofonías, ao lado dunha torre, Gedeón, que leva un cáliz ou unha pía, Daniel, cun menorá ou candelabro xudeu e David, con coroa. Os da dereita, tamén comezando pola zona superior, serían: Malaquías, Ezequiel, que sostén o que parece ser un hisopo ou unha póla, Moisés, Habacuc, Eliseo e Salomón, con coroa. Debaixo, ao pé da árbore e deitadas, hai dúas figuras moi semellantes que portan cadanseu filacterio e que miran para a dereita. O da esquerda é posiblemente Balaan, que sinala o nacemento de Cristo, e o da esquerda é Xesé, pai de David.
Iconografia Icona: Eloxio á Virxe; Virxe co Neno; Árbore de Xesé; Xenealoxía da Virxe
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, zona superior, Pintado a man alzada
(1900[ca]-1999[ca])
[Cor vermella]
Cara anterior, preto dos personaxes, Pintado a man alzada
(1900[ca]-1999[ca])
[Cor vermella a carón dos personaxes e negra das filacterias]
Firmas/Marcas/Etiquetas Zona posterior, Etiqueta pegada
Certificado en varios idiomas: inglés, francés, alemán e italiano [Por detrás leva pegado cun selo o certificado da súa realización]
Datación 1900-1999 (S. XX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Kalambaka
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Grecia Central
Lugar de Procedencia Grecia
Lugar Específico/Yacimiento Kalambaka
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Segundo as características que presenta, posiblemente poida formar parte da tipoloxía de iconas domésticas. Estas estaban destinadas ao lugar de oración familiar que todos os domicilios posuían e acostuman a ser de tamaño reducido (entre 20 x 15 e 40 x 35 cm.).
Este tipo de composición ten a súa orixe no tema bizantino da Árbore de Xesé. Nel amosábase unha imaxe metafórica da xenealoxía humana e divina de Cristo baseada en pasaxes de Isaías (11.1) e Mateo (1.1-17). Na arte rusa este tema pode ter variacións. Adoitan aparecer os profetas Habacuc, Gedeón, Zacarías, Moisés, Salomón, David, Elías, Daniel, Ezequiel, Isaías, Xesé ou Balaam, aínda que non sempre. Coa presenza dos reis de Israel destácanse dúas cousas: o carácter de "Pobo Elixido" transmitido pola unción destes reis, renovándose así a soberanía de Deus sobre a terra, e a verdadeira natureza humana de Cristo. Paralelamente, coa presenza dos precursores do Mesías, os profetas, e coas súas profecías, desenvólvese unha xenealoxía espiritual. Tamén hai casos nos que a Árbore de Xesé é substituída por unha mandorla e un medallón que conteñen as imaxes da Virxe e Cristo.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 28/10/2013
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6