Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1403
Clasificación Genérica Obxectos devocionais; Obxectos rituais e cerimoniais comúns; Pintura
Objeto/Documento Icona
Tipología/Estado De culto
Autor/a Anónimo
Título Virxe Portaitissa
Conjunto Colección de iconas rusas
Materia/Soporte Soporte: Madeira Marrón claro [Madeira de bidueiro ou tileiro.
Ten dúas travesas horizontais de reforzo embutidas.]
Elementos sustentados: Ouro Dourado
Témpera [Cores: vermello, azul, verde, ocre, marrón, negro e branco]
Estuco
Técnica Policromado
Gravado [A decoración de filigrana que adorna o bordo do manto de María está feita en relevo empregando densidade na pintura. O contorno dos halos está gravado sobre o estuco da preparación.]
Relevo [As pedras da coroa de María están en relevo.]
Dourado
Estucado
Pintura á témpera
Dimensiones Icona: Profundidade = 2,90 cm; Altura = 44,70 cm; Anchura = 36,60 cm
Descripción Icona rectangular con fondo dourado. Leva un fío de cor verde polo perímetro exterior. Represéntase a Virxe co Neno no seu brazo esquerdo mentres que a man dereita sinala ao neno. María, que está representada de algo máis de medio corpo, leva halo e coroa, viste cunha túnica azul, un manto vermello con forro verde e un veo tamén vermello que lle tapa a cabeza e que remata nunha punta dourada con pequenas borlas con flocos e bordados, un de follas estilizadas con cruz e estrelas. O manto remata pola beira cunha orla de motivos vexetais dourados. O escote e os puños da túnica son dourados, con relevos e sartas de perlas. María ten unha ferida con sangue na meixela dereita. O Neno viste túnica longa de cor branca e manto tamén longo de cor azul. Ten a man dereita en posición de bendicir e coa esquerda sostén un libro pechado. Está descalzo e leva auréola. Na parte superior da icona, nas dúas esquinas, aparecen pintadas a man alzada en cor vermella e carácteres cirílicos as iniciais da Virxe. Á esquerda de María, preto da cabeza, pon H. Portaitissa e algo máis, e sobre a cabeza do Neno as iniciais de Xesucristo. Ambas as dúas inscricións están pintadas a man alzada en cor vermella e en carácteres gregos.
Iconografia Icona: Virxe que mostra o Camiño (Odighitria)
Inscripciones/Leyendas Cara anterior, Pintado a man alzada
(1800[ca]-1899[ca])
[Cor vermella]
Cara posterior, zona central, Pintado a man alzada
(1800[ca]-1899[ca])
[Cor negra]
Cara posterior, zona superior, Pintado a man
Non lexible [A lápiz]
Datación 1800-1899 (S. XIX)
Contexto Cultural/Estilo Idade Contemporánea
Lugar de Producción/Ceca Monte Athos (Grecia, Europa do Sur)
Uso/función Devocional
Descriptores Geográficos Grecia
Lugar de Procedencia Monte Athos
Lugar Específico/Yacimiento Mosteiro de Iveron ( Monte Athos )
Historia del Objeto <EXPOSICIÓNS>: A contemplación do invisible. Iconas rusas. Colección Santos - Illueca; programa de exposicións temporais sede Praterías, (do 13 xullo de 2016 ao 30 de decembro de 2016).
Clasificación Razonada As iconas son obxectos de veneración, moitas delas contan cunha fama engadida porque se consideran milagreiras por se lles atribuír curacións e outras accións beneficiosas. Algunhas constitúen o obxecto principal de veneración de santuarios, meta de importantes peregrinacións. Determinadas características do territorio e circunstancias de tipo histórico marcarán as diferenzas da produción rusa respecto dos precedentes bizantinos e doutras rexións baixo a órbita ortodoxa.
Polas dimensións, posiblemente esta icona poida ser das destinadas ao culto xa que estas tendían a ser de maior tamaño. Situábanse ao lado dos iconostasios ou na parte interior da entrada das igrexas. A partir do século XVII era frecuente introducilas en caixas de madeira e protexelas do fume dos cirios por un cristal.
Forma de Ingreso Depósito
Fecha de Ingreso 02/06/2014
Catalogación Cobas Macías, Cristina; Kollmeier, Korbinian; Rodríguez Martínez, Xoel
| más imágenes |

Foto: Argimiro José Aldrey Pérez

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Foto: Cristina Cobas Macías

Subir

© Ministerio de Cultura y Deporte Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6