Foto: Fernando del Río Martínez

:: Ampliar Imagen ::

Museo Museo Arqueológico Provincial de Ourense
Inventario CE003467
Clasificación Genérica Escultura
Objeto/Documento Escultura
Título Imposición da casula a santo Ildefonso
Materia/Soporte Madeira
Técnica Relevo
Dimensiones Altura = 85 cm; Anchura = 55,50 cm; Profundidade = 9,50 cm
Descripción Escena enmarcada por motivos platerescos, faltando un dos remates laterais. Tallada en altorrelevo, chegando a adquirir algúns detalles a vulto redondo. A composición, moi narrativa, presenta a Virxe sobre nubes no ángulo superior, estendendo unha acartonada casulla que conforma unha liña diagonal de separación de espacios. Imaxe piadosa de san Ildefonso, coa mitra ós pes e dous anxos completando a escena. Policromía de estofado, predominando os dourados. Talla de evidente calidade, con rostros ben conseguidos e notable mestría na resolución das teas.
Iconografia Imposición da casula a Santo Ildefonso
Datación 1501=1550
Lugar de Procedencia Pazos (San Fiz)
Clasificación Razonada Por ser San Ildefonso un dos máis importantes doutores da Igrexa e un dos santos de maior devoción en España a súa iconografía é moi abundante. Respecto á indumentaria, pode aparecer vestido de monxe, pero moito máis habitual é velo representado coa vestimenta que fai referencia á súa condición episcopal, con mitra e báculo. Outros atributos son o libro, alusión aos seus numerosos escritos e especialmente ao tratado De perpetua uirginitate, simbolizando as herexías que combateu coa súa doutrina; tamén pode portar na man un anaco de veo ou un puñal recordando outro famoso episodio da súa vida, relatado polo seu biógrafo Cixila: a Aparición de Santa Leocadia. Este milagre relata como o bispo recibe a visita da santa para agradecerlle a defensa que fai da Virxe e este, coa daga do rei Recesvinto, lle corta o veo, antes de que esta volva ao sepulcro, para gardalo como reliquia.
Bibliografía NÚÑEZ SÁNCHEZ, Mª del P.. "Imposición da casula a San Ildefonso". Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 02/2010. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2010_02_gal25.pdf> Consulta: 02/02/2017.
Catalogación Núñez Sánchez, María del Pilar
| más imágenes |

Foto: Fernando del Río Martínez

Foto: Fernando del Río Martínez

Subir

© Ministerio de Cultura | v52.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con CER.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6