Museo Museo de las Peregrinaciones y de Santiago
Inventario D-1428.2802/4
Clasificación Genérica Elemento arquitectónico
Objeto/Documento Tracería
Materia/Soporte Granito
Técnica Labra
Dimensiones Altura = 27 cm; Longo = 12,50 cm; Grosor = 18 cm
Descripción Fragmento de tracería de rosetón ou ventá, algo que xa nos indica que estamos ante un estilo arquitectónico cercano ao gótico. Nel os elementos arquitectónicos decorativos realízanse de maneira individualizada.
Contexto Cultural/Estilo Baixa Idade Media
Uso/función Construtivo.
Lugar de Procedencia Santiago de Compostela
Lugar Específico/Yacimiento Castelo da Rocha Forte
Clasificación Razonada O contexto arqueolóxico no se que se enmarca este fragmento de tracería é o castelo medieval da Rocha Forte, situado a poucos quilómetros da cidade de Santiago e que serviu de fortaleza militar baixomedieval e complexo residencial do señor das terras de Santiago, o arcebispo. Construído polo prelado Xoán Arias nunha etapa serodia do seu arcebispado, a partir de 1255, foi remodelado posteriormente en diversas ocasións. Destaca a reforma levada a cabo na época do arcebispo Berenguel de Landoira, en torno ao 1320, para adaptalo ás novas necesidades defensivas e potenciar o seu carácter de fortaleza militar. Foi destruído en 1467 no asedio levado a cabo durante a revolta Irmandiña (CÉSAR VILA, M., 2013, p. 20-30).
Cabe destacar o papel da Rocha como símbolo de poder. O castelo-residencia foi unha "ferramenta arquitectónica para lembrar no día a día quen gobernaba vidas e facendas". Neste contexto deben entenderse as pezas de tracería, xunto con outros fragmentos labrados, que están a falar da "suntuosidade do edificio" (CÉSAR VILA: 2013, p. 41).
Este fragmento de tracería de rosetón ou ventá foi achado na intervención arqueolóxica do ano 2013 e posto en relación con cinco fragmentos de celosía que se cre podrían ter formado parte dun mesmo conxunto arquitectónico. Dous fragmentos casan entre sí, conformando unha especie de semicírculo que podería formar parte dun rosetón. O resto das pezas teñen diversas formas, con relevos e molduras e un acabado pulido (ACUÑA CASTROVIEJO E CASAL GARCÍA: 2004, p. 63). Así mesmo, atopouse outro fragmento na mesma intervención arqueolóxica que posiblemente formase parte da mesma peza arquitectónica (BÓVEDA FERNÁNDEZ: 2013, p. 76).
Este tipo de decoración, que xeralmente era de pedra e se compoñía de formas xeométricas combinadas, empregábase como recheo de espacios ou remate calado (DE LA PLAZA ESCUDERO: 2012, p. 536). Aínda que os inicios deste tipo de pezas se atopan no románico, é un elemento característico da arquitectura gótica. Ademáis, tendo en conta que "dende o punto de vista da historia da arte o castelo da Rocha amosa o conflito entre a tradición románica galega e a innovación que trouxo o gótico. De feito pode ser considerado como un dos castelos góticos da Península Ibérica" (CÉSAR VILA: 2013, p. 21), podería tratarse dun fragmento de tracería que se aproxima ao mundo gótico.

Bibliografía:
ACUÑA CASTROVIEJO, F. e CASAL GARCÍA, R., Memoria de excavación. 3ª fase de actuación arqueológica en A Rocha Forte. Anexo I: Estudio de materiales arqueológicos, 2004
BÓVEDA FERNÁNDEZ, M. J., Memoria de excavación. Intervención arqueolóxica na Rocha Forte, Tomo II, 2013
CÉSAR VILA, M., Rochaforte, Santiago de Compostela: Concello de Santiago, 2013
DE LA PLAZA ESCUDERO, L. Diccionario visual de términos arquitectónicos, Madrid: Cátedra, 2012
Forma de Ingreso Depósito por intervención arqueolóxica. Escavación
Fecha de Ingreso 22/11/2013
Catalogación Haz Picallo, Iria
| más imágenes |
 
 
Subir

© Ministerio de Cultura | v49.0 Accesibilidad | Mapa Web | Créditos | Contacte con Cer.es | Condiciones de uso | NIPO: 551-09-131-6