Museo |
Museo Arqueológico Provincial de Ourense
|
Inventario |
DX1106/1
|
Clasificación Genérica |
Metais; Adorno persoal
|
Objeto/Documento |
Broche de cinto
|
Materia/Soporte |
Bronce
|
Técnica |
Fundición
|
Dimensiones |
Anchura = 4,31 cm; Grosor = 1,38 cm; Lonxitude = 10,50 cm; Peso = 76,80 gr
|
Descripción |
Broche de cinto composto por dous elementos diferenciados: fibela e placa. O anel da fibela é de forma ovalada, presenta decoración gallonada no anverso e aparece fracturado na zona media. Na base ten dous remaches cun orificio circular que permiten o paso dun pasador de ferro, cuxa funcionalidade é articular a fibela coa agulla, que non se conserva, e a placa. O reverso da fibela é plano. A placa ten forma rectangular e o seu perfil externo aparece percorrido por un sinxelo motivo decorativo formado por unha dobre liña incisa, motivo que se repite no espazo central da placa, en sentido lonxitudinal, definindo dous rexistros horizontais superpostos nos que figura un epígrafe de carácter cristián, realizado con técnica de calado, no que se le: XPS SI(T) / TECUM, é dicir, «Cristo sexa contigo». Na parte posterior da placa dispóñense catro apéndices perforados mediante un orificio circular para a fixación do broche ao coiro da correaxe.
A peza estaba revestida cunha lámina de prata, hoxe perdida en parte e alterada.
|
Datación |
476=700
|
Contexto Cultural/Estilo |
Alta Idade Media
|
Lugar de Procedencia |
Trasalba (San Pedro)
|
Lugar Específico/Yacimiento |
As Pereiras
|
Clasificación Razonada |
Estes broches, utilizados con finalidade práctica ou simplemente como adornos da indumentaria, constitúen un dos obxectos característicos da gornición de cinto de época xermánica. Presentan numerosas variantes tipolóxicas e aparecen como un dos elementos máis expresivos da cultura material da
tardoantigüidade, configurándose como importantes indicadores a nivel artístico e cronolóxico.Trátase dun tipo de pezas que aparece habitualmente formando parte de enxovais funerarios en necrópoles de nhumación, mais tamén nalgúns casos en poboados ou villae reocupadas e, en moitas ocasións, como achados casuais, totalmente descontextualizados.
Broches semellantes en canto á tipoloxía e técnica decorativa encontráronse en Penadominga (Lugo) ou Moraime (Muxía). Fora do ámbito galego, en Nuez de Abajo (Burgos), San Miguel de Arroyo (Valladolid), pero sempre vinculados a necrópoles.
Os paralelos máis próximos, por presentar a mesma epígrafe aínda que con lixeiras variantes, son os exemplares de Ortigosa de Cameros (Logroño), o da villa da Quinta do Paço Velho da Facha (Ponte de Lima, Portugal), e o que procedente da Bética se conserva na colección do Museo de Maguncia.
|
Bibliografía |
ABOAL FERNÁNDEZ, R; COBAS FERNÁNDEZ, I. La Arqueología en la Gasificación de Galicia 10: Sondeos en el Yacimiento Romano-Medieval de As Pereiras. 1999. TAPA, 13. Universidade de Santiago de Compostela. ABOAL FERNÁNDEZ, R; PARCERO OUBIÑA, C. "Primeros resultados de documentación arqueológica en el yacimiento romano y altomedieval de As Pereiras (Amoeiro, Ourense)". Gallaecia. Santiago de Compostela (I): 1999, pp. 301-311; 18. LORENZO RUMBAO, B. "Broche de cinto. As Pereiras, Amoeiro". Peza do mes. Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, 12/2015. Disponible en: <http://www.musarqourense.xunta.es/wp-content/files_mf/pm_2015_12_gal.pdf> Consulta: 02/02/2017. LORENZO RUMBAO, B. "Placa de broche de cinturón con inscripción de As Pereiras". In Tempore Sueborum. El tiempo de los Suevos en la Gallaecia (411-585). El primer reino medieval de Occidente. Catálogo de Exposición. Deputación Provincial de Ourense, 2017. pp. 102-103.
|
Catalogación |
Lorenzo Rumbao, Belén
|